Creada unha comisión veciñal en Aguiño

Reunión na Casa do Mar de Aguiño

Onte reunímonos con máis dun cento de persoas na Casa do Mar de Aguiño para informar, entre outras cousas, do importante número de alegacións presentadas ao anteproxecto da EDAR de Ribeira que pretende instalarse en Aguiño, concretamente en Pinisqueira (lugar proposto inicialmente polo Goberno Municipal a espaldas dos veciños e veciñas e do resto dos Grupos Municipais): en total unhas 700, que se recolleron en apenas un fin de semana.

No transcurso da reunión a cidadanía decideu empezar a organizarse. Con ese obxectivo crearon unha comisión que se encargará de facer as xestións oportunas de cara a conquerir as demandas que se solicitaron nas alegacións presentadas, que son as seguintes:

1. Que antes de calquera adxudicación do contrato de construción e explotación da EDAR se proceda a elaboración do correspondente Estudo de Impacto Ambiental e que, xunto co anteproxecto, se someta ao trámite de avaliación de Impacto Ambiental.

2. Que, no dito Estudo de Impacto, se estuden, tal como esixe a lexislación de impacto ambiental vixente, as distintas alternativas posibles, e expresamente a de apostar non por unha depuración especifica para o polígono industrial de Xarás e por depuradoras máis pequenas para cada núcleo de poboación.

3. Que, no caso de non ser viables outras alternativas, a EDAR que está previsto instalar en Pinisqueira sexa trasladada a unha nova ubicación, o máis lonxe posible das vivendas co obxectivo de evitar posibles molestias á cidadanía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.