Concelleiras e concelleiros do BNG de Ribeira abandonan a Sesión Plenaria

Os Concelleiros e Concelleiras do BNG abandonando o Pleno

O Grupo Municipal do BNG de Ribeira abandona o Pleno en protesta pola forma en que o Goberno do PP tramitou a Relación de Postos de Traballo e por considerar que, aprobada deste xeito, traerá consecuencias negativas para os cidadáns e cidadás de Ribeira

O BNG ten denunciado en moitas ocasións as múltiples irregularidades do PP de Ribeira á hora de seleccionar o persoal ó servizo do Concello. Mesmo no informe da Intervención Municipal, se denuncia a “existencia dunha situación anómala que deriva dunha elección inadecuada das figuras empregadas” e tamén “a de interinos para a cobertura de prazas vacantes”. Non é de estrañar que, logo de 20 anos de réxime PPopular, os apelidos de moitos empregados municipais coincidan cos de membros do grupo de goberno.

Coa aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) e Plan de Emprego, o PP pretende dar carta de natureza a esa política clientelar que vén practicando e que, se ben beneficia a algúns, prexudica a moitos e moitas traballadores e a toda a cidadanía de Ribeira.

Este organigrama de postos de traballo e o plan de emprego so vai garantir o descontento da maioría do persoal ó servizo do Concello e, moi probablemente, maiores dificultades para mellorar o funcionamento dos servizos municipais. Unha vez máis, a voceira do BNG, Dominga Brión, demostrou, na súa intervención no Pleno Municipal Extraordinario, as mentiras e falsidades do Grupo de Goberno, a saber:

- Non foi un documento “consensuado”: a proposta de RPT chega a nós 24 horas antes do primeiro Pleno. O mesmo acontece coas posteriores “modificacións”.

- Non é “aceptado pola gran maioría dos traballadores”: así o demostran as case 70 alegacións presentadas.

- O Documento final non respecta o documento asinado polos traballadores (que chega modificado ó Pleno) como mesmo denuncia por escrito un dos sindicatos asinantes (UGT).

- Contén agravios gravísimos: algúns “postos” de traballo ven aumentada escandalosamente a remuneración logo de ser asinado polos representantes laborais.

- Este documento non garante nin a xustiza retributiva nin a Pax laboral como deixa ver o anuncio de recurso ao Contencioso anunciado xa por moitos dos traballadores e traballadoras.

Dominga Brión presentou como aval dos seus argumentos todos os escritos e documentos aos que aludiu polo que demandou do Sr. Alcalde e do seu Grupo “deixar o documento pendente de aprobación para mellorar, con máis participación e transparencia, o documento actual e presentar outro que realmente dea solución ás necesidades da cidadanía do Concello de Ribeira e ós seus traballadores e traballadoras”.

Diante da negativa do Grupo do PP e do Alcalde a recoller esta nosa demanda, empeñados en reiterar os seus erros, os concelleiros e concelleiras do BNG decidimos non avalar nin sequera coa nosa presenza, a aprobación polo “rodillo” do PP dunha proposta que traerá consecuencias negativas para os cidadáns e cidadás de Ribeira.

Máis información:
Audio da intervención de BNG no Pleno sobre a Relación de Postos de Traballo

Audio do Pleno extraordinario de 22-12-2009 completo grazas a Radio Discolócate

O Goberno do PP retrátase na elaboración da RPT

Nova no Correo Gallego:
Los seis ediles del BNG abandonaron el pleno sin votar el catálogo laboral

10 comentarios en «Concelleiras e concelleiros do BNG de Ribeira abandonan a Sesión Plenaria»

  1. Este Torres piensa que la democracia es hacer lo que a él le da la gana. Tiene mayoría, es cierto. Pero eso no le da derecho de pernada. A este lo de senador le queda grande. Alguien que no es capaz de mirarte a la cara cuando hablas no me inspira confianza.

  2. Engañaronnos como chinos. Entereime que noutros concellos veñen os da universidade a explicar todo e a participar na negociación para solucionar dudas. Aquí nada!
    E aínda por riba pareceslles mal que presentemos alegacións! Veremos logo que lle parece cando vaimos ó contencioso!
    Grazas por todo.

  3. O que fixéchedes os do BNG estivo moi ben. Xa está ben de tanto asoballar. Cren que por ter maioría absoluta poden facer todo o que lles dé a gana. O dato fundamental é a manipulación de documentos públicos, eu creo que iso é indicio de delito, cando menos é eticamente reprobable e é unha auténtica traición á confianza dos traballadores.

    Especialmente grave me parece o recorte de deritos laborais dos traballadores, non cobrando o soldo íntegro os que están de baixa.

    Xa son demasiados anos de poder absoluto de Torres Colomer. Sr. Senador colla o retiro de alcalde e quédese paseando por Madrid.

  4. O mellor ke pudestedes facer, ainda algunha pepera despois se atreve a decir ke non tendes tempo para preparar o pleno! pensa o ladrón que todos son da súa condición, se os peperos lle dedicaran a metade de tempo a loitar por Ribeira como o BNG mellor nos iría todos! ánimo! seguide así!

  5. Fixestes moi ben darlle plantón. Estes antes de irse queren deixar ben colocados aos seus e o resto dos traballadores non lle importan nada e a cidadanía menos. Vai sendo hora de que abramos os ollos e non deixemos que nos asoballen tanto.

  6. ¿Quién dice la verdad, La Voz o El Correo?, porque se cuentan historias diferentes. ¿Eran diez alegaciones , como decía La Voz, o fueron 67? Si solo fueran diez la cosa iría como la seda; si fueron 67 la cosa era una mierda y quién disfraza la seda de mierda no es de fiar.

  7. Es de cobardes escapar, irse, no debatir. Jamás en las mayores democrácias del mundo, lease INGLATERRA y USA los diputados, senadores o lores se escapan.

    Discuten, se insultan, velan sus armas dialécticas, pero JAMAS ESCAPAN.

    Penoso es la DESUNION DE LA OPOSICION de Ribeira. Unos hablando mal de los otros y Torres riendose a carcajada limpia.

  8. Manuel, pero quen escapou? Debinme perder algún capítulo porque eu non vexo que ninguén escapara. Polo que escoitei no audio do Pleno, os do BNG debateron e logo, ao final, en sinal de protesta, déronlle plantón a Torres. Non estaría ben que o fixeran todos os días, pero que de vez en cando un toque de atención, paréceme moi acertado.

    Con respecto ao resto da oposición, creo que debería levantarse e facer o mesmo, pero son partidos distintos e supoño que é complicado que se poñan todos de acordo.

    En todo caso, Manuel, concordarás comigo que se Torres rí a gargalladas é culpa de todos nós, ou mellor dito, de quen vota por el a pesar de non facer nada e de ter un equipo do máis mediocre gobernándonos.

    Pero “Torres” máis altas caeron e a estas faltoulle pouco. Polo tanto, se volve a presentarse (que o dubido, non creo que lle deixen), teremos a oportunidade de darlle o que se merece.

Responder a Pinto Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.