Este venres, 12 de xullo ás 20:30h, diante do Palco da Música do Malecón, presentaremos a campaña “Non é unha crise, é un roubo!”
Con esta campaña queremos destapar algunhas das medidas inxustas que se están a tomar aproveitando a crise económica, así como analizar como afectan os recortes e as políticas de austeridade a varios sectores como vivenda, ensino, sanidade ou preferentes. Para isto, convidamos a diversas plataformas e colectivos que nos contarán as problemáticas que están a afrontaren.
Finalmente intervirá Rosana Pérez, deputada no Congreso dos Deputados, para explicar as alternativas que propoñemos para mellorar a situación pola que atravesamos.
Anímate a acudir ao acto e expón a túa problemática ou as túas alternativas!