Catro plataformas e BNG xuntámonos para denunciar a crise e as súas consecuencias!

Plataforma do ensino público, Plataforma en defensa da sanidade pública da Barbanza, STOP-Desafiuzamentos, Afectados polas participacións preferentes e BNG, estivemos xuntos este venres en Ribeira para denunciarmos as consecuencias da crise e das malas políticas de austeridade.

Dúcias de persoas congregáronse diante do palco da música do Malecón. O acto serviu para expoñer os problemas que está afrontando a sanidade, o ensino, as persoas que poden ser expulsadas das súas vivendas, as persoas afectadas polas preferentes e o BNG para explicar as alternativas que existen ás malas políticas que nos están empobrecendo, que xeran máis paro e que desmantelan os servizos públicos.

Desde aquí, queremos agredecer a participación das plataformas nun acto conxunto e unitario, onde se expuxeron moitos problemas que nos están afectando e tamén onde se falou de alternativas políticas que axudarían a resolver ou paliar esas problemáticas.

Bótalle unha ollada as fotografías do acto: Non é unha crise, é un roubo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.