O BNG reclama a rebaixa inmediata nas peaxes da AP-9

Rosana Pérez: “Hai que rematar coa estafa legalizada que supoñen as portaxes da AP-9 e tamén co agravio ao noso País”

 

A deputada do BNG no Parlamento galego, Rosana Pérez Fernández, participou hoxe dun acto reivindicativo en Ribeira para exixir a rebaixa inmediata nas portaxes da AP-9. Pérez Fernández estivo acompañada polo alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, os concelleiros Xosé Vázquez, Luís Pérez, Carlos Ansoar e o membro do Consello Comarcal Manel Casal.

A colocación de faixas está enmarcada dentro da campaña social “Basta de aldraxe a Galiza” que está levando a cabo o BNG nas diferentes localidades do País que reclama ao Goberno do Estado a aplicación inmediata das rebaixas na AP-9. A deputada nacionalista avanzou que esta as accións irán en aumento, mesmo con caravanas automobilísticas, para facer que o goberno estatal cumpra co pactado.

“Hai que rematar coa estafa legalizada que supoñen as peaxes da AP-9 e tamén co agravio ao noso País que implica que teñamos unha das autoestradas máis caras do Estado” afirmou o Rosana Pérez. Neste sentido, lembrou que nas medidas asinadas no acordo de investidura co PSOE, o BNG incorporou a bonificación do cen por cen a todos os usuarios e usuarias recorrentes da autoestrada. “Nos Orzamentos Xerais do Estado que foron aprobados xa existen partidas orzamentarias específicas para aplicar estas bonificacións” indicou Rosana Pérez mentres apuntaba a que “levan dous meses sen aplicar as rebaixas nas portaxes e non se entende porque o Goberno se empeña en non cumprir os compromisos con todos os galegos e galegas”.

“Non hai ningunha razón para que se siga demorando a aplicación das medidas previstas nos Orzamentos do Estado para evitar as subidas previstas nos convenios de 2011 e 2013 ou a gratuidade dun tramo como é o caso de Vigo-Redondela”. Pérez Fernández criticou a inacción do Goberno do Estado coa sociedade galega xa que “os galegos e galegas contribuímos a pagar tamén cos nosos impostos o rescate das radiais madrileñas, máis de catro mil millóns de euros, o Goberno Español racanee 55 millóns de euros para pór en marcha estes descontos da AP-9”.

Handicap” para o desenvolvemento social e económico da Barbanza e de Galiza

“Do que se trata é de rematar cun agravio, cunha discriminación que padecemos todas as galegas e galegos e que ten consecuencias non só na economía familiar, pois ter unha das autoestradas máis caras do estado é un obstáculo para o desenvolvemento social e económico da Galiza”.

Desde o Bloque indicamos que manter as tarifas actuais da AP-9 supón un grave lastre para “moitas familias da Barbanza que teñen que empregar esta autoestrada todos os días por motivos laborais e moitas empresas para as que as portaxes supoñen un sobre custo que lastra a súa competitividade”. A Barbanza é unha bisbarra profundamente industrial e as abusivas peaxes supoñen unha perda na competitividade das empresas. Así mesmo recordou que as tarifas actuais “obrigan a moitos transportistas a empregar as vías convencionais non preparadas para ese tráfico e aumentando o risco de accidentes”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.