BNG propón reducir os plásticos coa implicación de concello, colexios, asociacións e sector do mar

O consumo de plásticos dun só uso incrementouse de maneira importante ao longo das últimas décadas. Galiza e Ribeira non son alleas a ese aumento que provoca graves ameazas e ten consecuencias negativas nos ecosistemas naturais, na flora e na fauna.

Os residuos mariños, espcialmente os compostos plásticos teñen graves consecuencias ao causar a morte de aves mariñas, mamíferos e todo tipo de animais ao se enredaren ou ao inxeriren de lixo mariño. En non poucas ocasións ese lixo que consomen os animais tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas e persistentes que entran na cadea alimentaria.

Alén das consecuencias e dos problemas que teñen nos ecosistemas naturais, os plásticos tamén supoñen un inconveniente para os gobernos ao ter que gastar recursos públicos para poder tratalos malia que máis do 50% rematen en vertedoiros e apenas se reciclen. Pérez Barral lamentou a falta de medidas postas en marcha polo Concello de Ribeira para reducir, reutilizar e reciclar os plásticos e criticou a política de Sogama na que a maior parte do lixo acaba queimado ou nun vertedoiro.

No BNG cremos que é unha evidencia que o plástico é un problema social e ambiental e non hai máis que ollar os areais de Coroso, O Vilar, A Ladeira, O Castro-Catía, etc, ríos como o de Artes ou montes como o de San Roque ou Santo Alberte para comprobar que este tipo de residuos está practicamente omnipresente. Consideramos necesario actuar desde todos os ámbitos, tamén desde o ámbito local mediante a limpeza exhaustiva dos nosos espazos naturais, a través de accións simbólicas e coa posta en marcha de campañas e programas educativas e de sensibilización.

É por todo iso polo que, desde o BNG, propoñen que o Concello de Ribeira poña en marcha medidas como:

  • Realizar, de maneira periódica, limpezas exhaustivas dos espazos naturais como son as praias, cursos fluvais e zonas verdes de titularidade pública. Estas limpezas realizaranse cos medios axeitados que eviten o deterioro e eviten danos no lugar.

  • Instalación de recipientes específicos para a recollida e separación de plásticos nos areais do municipio.

  • O Concello de Ribeira programará accións anuais, en colaboración cos centros escolares, co tecido asociativo do municipio e co sector pesqueiro, consistentes na sensibilización e concienciación da necesidade de reducir, reutilizar e reciclar os plásticos.

Foto da capa: Carmela Queijeiro. La Voz de Galicia

2 comentarios en «BNG propón reducir os plásticos coa implicación de concello, colexios, asociacións e sector do mar»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.