BNG insta ao Concello de Ribeira a limpar os ríos con sistemas manuais

Os contornos dos ríos, regatos e regos que hai no Concello de Ribeira adoitan presentar unha vexetación autóctona de vital importancia para manter os valores naturais destes espazos. Boa mostra deste feito pode verse en todo o percorrido do río Artes ou en Figueirido no rego das Saíñas, entre outros.

Desde o Bloque Nacionalista Galego cremos necesario que as limpezas, cortas, podas e demais tarefas de adecuación destes contornos fluviais deben facerse por medios manuais e non con maquinaria.  Segundo o concelleiro, Luís Pérez Barral, “as tarefas de limpeza e mantemento dos ríos, regos e regatos ten que ser compatíbel coa preservación da biodiversidade –tanto de flora como de fauna- que existe nestes hábitats polo que poñer o máximo coidado é fundamental”. Segundo Barral, é importante preservar as árbores autóctonas que nacen ás marxes dos contornos fluviais pois é común ver como despois de temporais algunhas caen. “De se realizaren as limpezas por medios mecánicos, estarase impedindo a rexeneración natural e o crecemento de especies autóctonas que contribúen a evitar a erosión da corrente de auga” explicou o edil ribeirense.

Tralos últimos temporais houbo importantes subas no nivel da auga e cremos que habería que realizar labores de adecuación de marxes e retirada de árbores caídas que obstrúen o leito fluvial. Pérez Barral considera importante realizar estes labores para que a veciñanza poida gozar dos entornos fluviais do municipio pero remarcou en que é necesario que a súa realización se faga de acordo con criterios de coidado ambiental para evitar danar os ecosistemas destas zonas.

Por todos estes motivos, o BNG, instará a:

O Concello de Ribeira, nos contornos fluviais da súa competencia, realizará as limpezas e tarefas de adecuación con medios manuais fronte os medios mecánicos para garantir a correcta preservación da flora e da fauna autóctonas.

Instar a Augas de Galiza e outras administracións competentes a realizaren as limpezas e as tarefas de adecuación dos contornos fluviais con medios manuais e fronte aos mecánicos para garantir a correcta preservación da flora e da fauna autóctonas.

Un comentario en «BNG insta ao Concello de Ribeira a limpar os ríos con sistemas manuais»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.