BNG esixe a dimisión da concelleira do PP envolta na celebración dunha macrofesta con menores

Ante os feitos acontecidos na noite de onte, na que unha concelleira do Partido Popular se viu inmersa na celebración dunha macrofesta con máis de medio cento de menores de idade na que tivo que intervir a Policía, o BNG esixe que se depuren todas as responsabilidades e se proceda ao cesamento da concelleira á fronte das súas funcións e responsabilidades no goberno municipal do Concello de Ribeira.

Tendo en conta a situación epidemiolóxica do Concello de Ribeira, a piques de acadar o nivel extremo de restricións, co feche perimetral e o cese da actividade hostaleira, desde o BNG mostramos a máxima repulsa ante unha conduta irresponsábel e insolidaria para a veciñanza e os negocios da localidade. “Non é responsábel que nun momento de restrición tan grande e ao borde do feche perimetral, teñamos a unha concelleira do goberno local organizando macrofestas incumprindo todas as normas” recrimina o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas.

Vázquez Cobas indica que os representantes públicos deben mostrar actitudes exemplares, tanto na súa vida pública como privada, especialmente naquelas persoas que asumen responsabilidades de goberno no ámbito social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.