Balance dun pésimo ano para o noso Concello

Cando comezaba o 2013 o desemprego era problema que máis preocupaba, está rematando o ano e segue sendo pero acentuado: o desemprego en Ribeira está incrementándose.


O Sr. Alcalde dixo que “estamos mellor que ningún outro Concello, que en números estamos mellor ca ninguén” e ten dito que os orzamentos son históricos polo investimento pero isto non conseguiu minguar as taxas de paro máis grandes na historia de Ribeira.


Non se promove ninguna política que favoreza a creación das condicións para crear emprego. Desde que goberna Manolo Ruiz non se creou un só metro de chan industrial,  rexeitando as iniciativas do BNG para a creación de solo industrial e abandonando o Polígono Comarcal cando había demanda. Ribeira non ten política de emprego (nin boa nin mala), simplemente non hai.


Con respecto ás grandes obras hai que dicir que as están facendo empresas de fóra que non contribúen a crear emprego no municipio. Estas obras xestiónase de maneira desastrosa, practicamente todas están ou estiveron paralizadas durante meses como foi o caso da Gardería, Pavillón de Palmeira, emisario do Touro, rotonda do Vilar , Mercado Municipal e isto chámase mala xestión e falta de control.


Esta mala xestión e falta de control é negativa para o Concello, un exemplo é o do Mercado Municipal, que podería crear emprego e dinamizar a economía pero vemos como por falta de control e desleixo hai que comezar de novo todo o proceso de licitación: un auténtico desastre.


Despois de anos anos de goberno popular en Ribeira non conseguiu aprobar:


PLAN DE EMPREGO XUVENIL: a falta dunha política planificada está levando a centos de mozos e mozas á emigración e a marchar de Ribeira (Segundo o Instituo Galego de Estatística emigraron 1915 persoas deste concello desde 2010).


PLAN DO COMERCIO LOCAL: non hai medidas que palien as consecuencias da crise económica e da baixada de gasto. Non hai un apoio decidido aos emprendedores nin ao comercio local.


PLAN HOSTALEIRO: en vez de axudar ao sector hostaleiro, o PP fai todo o contrario, aproba ordenanzas e suba de taxas nun dos seus peores momentos que vai supoñer un gran gasto económico. Aproveitamos para pedir ao goberno municipal, outra vez, que acepte a proposta do BNG e non aplique até 2015 a obriga de cambiar o mobiliario das terrazas e as novas taxas porque é o peor momento para facelo.


Vemos como a veciñanza sofre os recortes dos gobernos de Feijoo e Rajoy en sanidade, educación e dependencia ou as subas de todos os impostos (IRPF, IVE…) a suba dos recibos dos servizos básicos (luz, auga, lixo…) empeorando a situación de milleiros de familias. O Goberno Municipal cala e aplica todos os recortes e, por se foran poucos, AUMENTA TODAS AS TAXAS MUNICIPAIS NUN 5% nos dous últimos anos!


O BNG deu alternativas para parar a subida do PP e dixemos que esta subida dos impostos só empeoraría a situación na que están o comercio, hostelería e a veciñanza. O PP volveu rexeitar calquera alternativa e continuou na súa liña de recortes socias. É Goberno Municipal que votou no pleno a favos de todos os RECORTES , dos REPAGOS, dos IMPOSTOS, da suba dos SERVIZOS BÁSICOS (electricidade), da suba de TODAS AS TAXAS.


En materia de transparencia, preguntámonos por que o Concello de Ribeira rexeitou a moción do BNG en que pediamos un concello aberto á xente con maior transparencia, na que se puidesen ver os salarios do alcalde e dos concelleiros e concelleiras, dar a posibilidade de que nos plenos municipais os colectivos como Plataforma Stop-Desahucios, Plataforma do Ensino, da Sanidade ou calquera outro veciño/a puidesen tomar a palabra, así como ver a información relativa ás obras que se fan.


Pese a este rexeitamento vemos como a concellaría de Participación Cidadá que non fai nada de traballo e está paralizada.


Despois de detallar os principais problemas de Ribeira dos que o BNG ten presentado propostas e solucións que o PP rexeitou aprobar, de que presume o equipo de goberno de Ribeira?


Presume de que a xente nova e formada marche do municipio? De que se incremente o número de desempregados/as?


Temos un Goberno Municipal que gasta como se fose rico e que non conta coa xente. Continuamos a ter un goberno sen rumbo e sen ideas para crear emprego e as alternativas que lle presenta o BNG non é quen de aprobalas.


AS POLÍTICAS DE AUSTERIDADE DO PP SON EN REALIDADE A RUÍNA DA XENTE E DO CONCELLO.


Nas televisións:
Balance goberno 27tv                  Balance goberno Canle Rías Baixas

2 comentarios en «Balance dun pésimo ano para o noso Concello»

Responder a Manuel Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.