Ateigada a Casa do Mar na presentación da candidatura do BNG

A Casa do Mar de Ribeira quedouse pequena para acoller ao numeroso público que acudiu onte a última hora da tarde ao acto de presentación da nosa candidatura.

O portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, o Alcalde de Boiro, Xosé Deira, a Deputada Provincial e candidata da Pobra, Rosana Pérez, o candidato de Rianxo, Adolfo Muiños, numerosos concelleir@s así como compañeir@s de toda a Barbanza, coa Responsábel Comarcal, Dores Torrado, á cabeza, arroupáronnos neste importante acto.

Pero, sobre todo, contamos coa presenza de moitos veciños e veciñas que ateigaron a Casa do Mar. Fixérono a título persoal ou en calidade de representantes das asociacións máis importantes de Ribeira: do Centro Empresarial da Construción, encabezados polo seu presidente; do sector pesqueiro de Ribeira: os Patróns Maiores de Ribeira, Aguiño e Palmeira, o Presidente da Asociación de Armadores de Ribeira e o Presidente de Orpal; da Asociación de Empresarios; así como os presidentes do Liceo Marítimo, do Ateneo Valle Inclán, de Altofalante; representantes das ANPAS, da Asociación de Xubilados de Ribeira e de asociacións de veciñ@s entre outras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.