As praias de Espiñeirido e Seráns ameazadas

Praias de Espiñeirido e Seráns
Reserva 308.000 m. terreo piscifactoría do Corgo Reserva de 115.000 m. terreo para ampliar piscifactoría Seráns



No outro extremo proponse unha ampliación de 115.000 metros da actual piscifactoría Nastos. O seu nome é PARQUE DE TECNOLOXÍA DE SERA, parque número 8 (Seráns-Parroquia de Muro-Concello de Porto do Son); deste xeito, unha piscifactoría que non aparecía non anterior Plan Sectorial, aparece neste Plan de Acuicultura con unha ampliación moi importante.

Esta desproporcionada reserva de terreo prevista pola Xunta (308.000 metros cadrados no Corgo + 115.000 en Seráns) a escasa distancia, tan só separada por esta praia, parécenos inadmisíbel por moitas razóns; entre elas, porque obriga á expropiación de numerosas leiras que aínda se cultivan e se empregan para levar ao pouco gando que queda na zona, feito que se debería primar e non castigar.



Hai que resaltar que todo este entorno costeiro, incluído Couso, para onde hai tamén prevista unha reserva de chan no mesmo plan acuícola de 55.000 metros cadrados, é riquísimo en percebe e outras especies. Por esta razón, a Confraría de Aguiño que se encarga da súa xestión ata a altura de Río Sieira en Xuño, concello de Porto do Son, xa se manifestou publicamente en contra deste plan.

Para participar na recollida de sinaturas podedes baixar os dous documentos. Tendes máis información nos espacios web das respectivas plataformas.

Sinaturas Corgo:
sinaturascorgo.pdf

Sinaturas Seráns:
Recollida de sinaturas

Novas relacionadas:
A Voz:
A plataforma de Seráns descarta presentar alegacións coa empresa
O depósito de Aguiño teme que o plan acuícola afecte ao percebe
Altofalante oponse ao parque acuícola de Corrubedo
Veciños de Seráns cren que a Xunta quere destruír o litoral
O Correo Galego:
Seráns rechaza a ampliación da piscifactoría

7 comentarios en «As praias de Espiñeirido e Seráns ameazadas»

  1. Pero qué pouco vos gustan as críticas, eh?
    Que sidades ca recollida de sinaturas pro-Seráns, enganando, terxiversando, manipulando, sólo demostra a baixa catadura moral de certas persoas. ¿Cómo se pode falar de “paraixo paisaxístico”, se éste foi destruido polos “señoritos galponeiros”? ¿É esta a preocupación destes suxeitos, “as xeracións vindeiras”?
    Pero qué pouca vergoña tedes todos vós! ¿Por qué non pedides o derrubo das edificacións ilegáis, asemade?

  2. Pero Dordo, cal é o teu problema? Como podes cualificar de baixa catadura moral que alguén defenda o que é seu, cando pretenden usurparllo para “regalarllo” a outro? Paréceme que estás perdendo un pouco os papeis, non? De derrubar algo, habería que empezar pola piscifactoría alí existente que, que eu saiba, é a única que ten expedientes abertos.

    O feito (ou mal feito) ata o de agora váleche como escusa para que alí se consinta unha reserva de chan de 115.000 metros para ampliar unha piscifactoría que cando se construíu arrasou todo o litoral, borrou do mapa a praia do Rego das Cunchas e logo cometeu outras moitas irregularidades, polas que mesmo foi condenada?

    Por fortuna hai outras moitas voces que se levantaron en contra da instalación destas piscifactorías no noso entorno, como é o caso, por exemplo da Confraría de Aguiño. Es consciente das consecuencias económicas que traerá para a xente do mar tanta macro-piscifactoría en tan pouco espacio?

    Se realmente queres protexer o noso litoral espero que fagas algo máis útil que criticar a quen traballa. Todo o meu apoio solidario para quen defende os intereses da maioría fronte os duns poucos!!

  3. Se oubera unha lista de persoas capacitadas para opinar ou para criticar , eu seria a última desa lista, pero ainda así síntome obrigado a contestarche, Dordo,
    Que motivos che levan a expresarte dese xeito ? Acaso non e un paraiso paisaxístico o monte da Curota, ou as dunas de Corrubedo, o monte da Cidade, o da Garita, a praia do Vilar, ou mesmo a do Castro de Castiñeiras ???
    Queres que fagan unha fábrica en cada un deses sitios ?
    Ves ben que uns poucos saquen proveitos a conta de esnaquizar terras e medios de vida de moitos ?
    Por que non dis as razóns po-las que fas este comentario??
    Non tes fillos ou netos que vaian a vivir aquí no futurto?
    Non eres fillo ou pai de pescadores?
    Non tes ética, moral ou mesmo compaixon po-los teus semellantes?

    Ti mesmo estas a dar a razón a quen criticas.

  4. Jaime,

    ¿Tiveches a oportunidade de ler a folla de recollida de sinaturas?
    ¿Qué pensas que opinará a xente cando se entere de que algúns dos que agora falan de paraíso natural, foron quene se maltratalo con clamorosas ilegalidades urbanísticas?
    Hai que ser coherente cos propios feitos.
    E por certo, estou en contra de todo esta desfeita da acuicultura, pero máis o estou do fariseísmo reinante nalgún suxeitos de baixa catadura moral.

  5. Ola, Dordo
    Primeiro quero dicirche que en este segundo comentario que fas, notase un cambio moi importante, para mellor, na forma de te expresar, e iso di algo moi positivo a favor teu, pois creo que no anterior encontrábaste algo alporizado, cousa que e totalmente normal, pois non deixamos de ser persoas.
    Sobre as preguntas que me fas, dígoche que non tiven a oportunidade de velas, pero tamén che digo, crees que sería necesario??
    Eu estou por apostarche algo a que en esas sinaturas podería estar o nome de algún/a ladrón/a, de algún/a extorsionador/a, e incluso de algún/a amante, pero podería seguir a poñer calificativos e non con elo estaríamos a trata-lo problema principal, que é o de que non se fagan ricos uns poucos a conta de roubarlle a un pobo o que e deles, ou mesmo que non destrúan unha paraxe que debería quedar para os nosos herdeiros.
    Aquiles matou moita xente, pero tamén morreu por alguén.
    Con esto quéroche dicir que aínda no caso de que sexa certo o que ti dis sobre algún suxeito de baixa catadura moral, ¿non lle darías un voto de confianza se agora se pon do lado de quen defende os intereses dun pobo, aínda que só sexa poñendo o seu nome nunha lista??
    Alégrome de que esteas en contra desta desfeita, pois eu, igual que moitas mais persoas, tamén o estou.

    Fíxenche este comentario, sen coñecementos de ningún tipo sobre o tema que expós, por que te dirixistes a min, e coma sempre intento non ofender a ninguén e esto non deixa de ser unha simple opinión.
    Saúdos e moi a gusto de “falar” contigo.

  6. Estimado/s Jaime/blogueiros,

    Permíteme que me dirixa de novo a ti, aínda que facer esto nun blog non ten máis que un valor testemuñal. Toda opinión é ben recibida, e máis voces deberían sumarse e aportar o seu punto de vista.
    Góstame o teu último comentario porque describes perfectamente o meu estado de ánimo: alporizamento. Por unha razón ben sinxela, porque cando pretendemos defender as nosas ideas, por moi xustas e nobres que sexan, facelo por camiños equivocados leva a deturpar eses nobres ideais. E isto non solo nos afecta a nós, senón a aqueles que nos acompañan na loita. Cavilemos neste feito: os nosos inimigos – permitídime a licencia bélica – son poderosos e sólo están á espera dun erro (aínda que sexa dunha minoría) para contraatacar, para demostrar que os nosos obxectivos son finxidos. Neste momento, que chegará, decatarémonos que algo fixemos mal, pero quizáis sexa moi tarde.
    Pregúntasme, Jaime, se coido que deberías ler a folla de sinaturas. Percibindo nos teus argumentos feitos salientables, como a sinceridade e compromiso na defensa do noso patrimonio natural, coido que a resposta é sí. Decataríaste de canto mal se lle pode facer á causa da defensa do litoral – con máis ou menos folgos, pero defensa ó fin e ó cabo – cunha frase equívoca (sexa ou non intencionada).

    Non era outra a miña intención neste e noutros foros que abrir o debate e invitar á reflexión, feito enriquecedor e saudable.Se alguén dedicou un minuto pola miña culpa, quedo satisfeito.

    E como non, pido disculpas a quen se puidese sentir ofendido ou maltratado polas miñas palabras, non era a miña intención.
    As palabras, palabras son é lévaas o ventom mais os feitos repousan en nós por anos e anos. Por isto, loitemos xuntos por deter a destrucción de Quilmas, Corrubedo, Merexo, ..., Seráns. Pero sempre ca verdade por
    diante e tendo moi presente que non hai alto ideal que xustifique calqueira medio.

  7. Como pode algunha xente queixarse dos galpons que se contruen cada un na súa leira, cando agora pretenden EXPROPIARLLE os terreos a xente que no ten culpa, para construir iso que non vai servir para nada, pois no tempo que leva esa “PISCIFACTORIA” en Seráns nunca se viron moitos resultados?

    Ademais de que ó construir eso destrúense as paisaxes naturais tan FERMOSAS que hai nese lugar.

    A esa xente que protesta polos que estan recollendo signaturas pedirialles que o consultaran coa almohada e que recapacitaran, pois seguro que si foran eles os expropiados non protestarian tanto.

Responder a Dordo Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.