A demanda veciñal para o arranxo integral da estrada de Fontán será levada a pleno polo BNG

A estrada que une a avenida das Airós, no Touro, con Martín e co barrio ribeirense do Monumento multiplicou nas últimas semanas o seu tráfico debido ao feche da rúa Romero Ortiz por mor das obras que nela se realizan e tamén pola entrada en funcionamento da nova comisaría de Policía.

Esa estrada duns 100 metros de longo, está sendo usada polas persoas que acceden á nova comisaría de Policía pero tamén é usada pola veciñanza do Monumento e de Martín para acceder ao centro de Ribeira.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, recibiu a chamada de veciños para que tomasen medidas ante o mal estado de conservación do pavimento no que se poden ver fochancas, carece de sumidoiros ou de sinalización vertical e horizontal. Pérez Barral, lamenta que a mala planificación do goberno local á hora de realizar as obras que afectan ao tráfico supoñan importantes molestias para a veciñanza por non habilitar alternativas para a boa circulación do tráfico.

Así pois, tras escoitar as demandas trasladadas pola veciñanza, o BNG rexistrou unha iniciativa na que se lle pide ao goberno local unha actuación dilixente para arranxar de maneira integral a estrada que une O Touro con Martín para que sexa máis segura tanto para peóns como para vehículos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.