Aprobadas por unanimidade actuacións por valor de 1,7 millóns de euros

O pleno extraordinario celebrado o 9 de febreiro de 2022 serviu para aprobar as actuacións financiadas polo Plan Único da Deputación da Coruña. Dito plan creado transfire cartos ás administracións locais mediante criterios obxectivos. O Concello de Ribeira investirá uns 1.789.000 euros accesibilidade, melloras no saneamento e subministración de auga, pavimentación de estradas ou melloras en beirarrúas. Outros 133.761,85€ servirán para reforzar a atención social mediante o servizo de axuda no fogar e outros 28.663,25€ destinaranse á redución da débeda municipal.

As actuacións contempladas son:
Renovación de servizos e pavimentación da rúa da Cambra en Palmeira (82.069€)
Parque infantil A Capela e Parte ao Río en Carreira (179.566€)
Ampliación das pistas de Saamil en Corrubedo (116.339€)
Parque infantil e acondicionamento de parcela en Artes (118.608)
Mellora da accesibilidade e pavimentación da rúa Carreiro en Aguiño (48.000€)
Renovación da liña de auga potable e instalación de pluviais no lugar da Ameixida en Castiñeiras (107.627€)
Mellora da accesibilidade en beirarrúas e saneamento en Gándara en Oleiros (100.968€)
Instalación de saneamento e pavimentación no lugar de Sirves en Olveira (86.379€)
Pavimentación e mellora da accesibilidade na rúa Monumento en Ribeira (48.187€)
Gradas na Fieiteira (247.483€)
Pavimentación e instalación de saneamento na prolongación da rúa do colexio en Corrubedo (67.515€)
Mellora da accesibilidade e pavimentación na rúa Praia da Ribeira en Aguiño (86.270€)
Mellora da accesibidade e pavimentación da rúa Luis Seoane en Aguiño (103.641€)
Pavimentación e renovación de servizos na rúa Padre Feijoo e rúa Arcebispo Xelmírez (91.310€)
Mellora de accesbilidade no parque Horta do Cura e mellora da contorna (139.480€)
Beirarrúas na rúa Alcalde Fernández Bermúdez (166.171€)

O grupo municipal do BNG apoiou estas actuacións porque se incluíron propostas que fixemos como por exemplo, a mellora na subministración de auga potábel a Castiñeiras, a creación dunha área deportiva en Saamil, a creación dun parque cuberto (tamén demandado pola veciñanza) ou o reforzo da atención ás persoas maiores, por poñer algúns exemplos. Malia isto, o voceiro da formación, Xosé Vázquez Cobas, mostrouse moi críticos coa parálise que está habendo no Concello de Ribeira, cun goberno incapaz de sacar as obras adiante e, polo tanto, impedindo dar resposta ás demandas veciñais. Puxo como exemplo desa parálise á que se referiu, que no momento de aprobar o Plan Único 2022, aínda non se executaron algunhas actuacións do Plan Único do ano 2021.

Vázquez Cobas, detallou que cómpre axilizar as actuacións e que non é normal que se demoren tanto no tempo. Ademais diso, solicitoulle ao goberno local que cumpra co acordo plenario aprobado a instancias do BNG para que se aumenten as zonas verdes no municipio e se contemple a dotación de árbores nas rúas que se sometan a unha actuación de mellora.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.