Aprobada a proposta do Bloque para mellorar o transporte público de Ribeira

Proposta do BNG para mellorar o transporte público: a iniciativa defendida polo concelleiro Luís Pérez Barral foi aprobada por unanimidade.
O Bloque trasladou a pleno a multitude de queixas polo mal funcionamento do transporte público en Ribeira, por cuestións como a falta de información, atrasos nos horarios ou a falta de persoal para cumprir cos horarios e rutas establecidas e lamentamos que o goberno local non se implicase na resolución do problema.

A falta de horarios nas marquesiñas fai case imposíbel saber a que hora pasan os autobuses ou a pouca claridade deses horarios na web son queixas recorrentes. Pérez Barral, criticou que non haxa xente de atención ao público durante todo o día para atender as persoas que precisen máis información. “O PP, tanto na Xunta como no Concello saben o que pasa e non moven un dedo para solucionalo”.

Por outra banda, tamén trasladamos as queixas polos atrasos que se rexistran nas frecuencias, “é algo intolerábel que isto aconteza se queremos que o transporte público sexa alternativa ao vehículo privado” argumentou Pérez Barral. Desde o BNG estivemos en contacto con persoal da empresa, que nos explicou que hai falta de traballadores e traballadoras e que por iso non poden chegar en tempo a todos os lugares, polo que o BNG esixirá un aumento do número de traballadores e traballadoras para cumprir cos horarios e frecuencias.

Barral pediulle ao goberno local que sente a falar coa empresa para aplicar melloras inmediatas e dar solución ás queixas da veciñanza e instar á Xunta de Galiza a que Ribeira se beneficie do plan de transporte metropolitano para abaratar os transporte público, cuestión na que se nos dixo que xa se traballaba. Tamén pedimos a instalación de paneis dixitais nas principais paradas para saber canto tempo falta para que pase o seguinte autobús e bonificacións para abaratar o custo do transporte público.
Propuxemos que as viaxes xerais teñan un custe máximo dun euro e que haxa descontos adicionais para a mocidade, persoas desempregadas, maiores e con mobilidade reducida. Ademais van propoñer que o transbordo sexa gratuíto, pois “non é normal que para ir dunha parroquia a outra haxa que pagar dúas viaxes” porque isto é prexudicar aos veciños e veciñas que viven no rural. Por último, desde o BNG insistiremos na necesidade de construír de maneira inmediata unha estación de autobuses que dea servizo a todas as persoas usuarias.

Investiranse un total de 427.000€ até 2024 para que o villete xeral teña un custe de 0,85€/viaxe a mocidade teña un prezo de 0,60€/viaxe, as persoas maiores 0,70€/viaxe e as persoas con risco de exclusión poidan viaxar de balde.

Aprobado por unanimidade

Outras propostas:

Redución de taxas por ocupación de vía pública para vendedores/as ambulantes. Aprobado por unanimidade
Petición á Xunta de Galiza para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a Festa do Percebe de Aguiño. Aprobado por unanimidade
Aprobado por unanimidade demandar da Xunta de Galiza que se mellore a nave das redeiras en Aguiño.
Aprobado por maioría absoluta a creación dun plan Reactiva Ribeira II onde o 1,5% dos fondos vaian destinados ao sector da hostalaría.
Concurso público para que a canceira municipal a xestione unha asociación protectora de animais. Aprobado cos votos a favor de PP, BNG, SR abstención de PSOE e votos en contra do PBBI.
Regulamento uso de drons por parte da Policía Local e Grupo de Axuda a Emerxencias Municipal. Votos a favor de PP, PBBI, BNG, PSOE e abstención de SR
Aprobouse cos votos do PP e abstención do PBBI a creación dunha comisión municipal de vivenda. SR, BNG e PSOE votaron a favor doutra proposta máis ambiciosa que fixese unha análise da situación da vivenda en Ribeira para garantir que a poboación teña acceso digno á vivenda e establecer axudas para as persoas en risco.
Cesión de 96 m² de terreo para garantir a accesibilidade universal na nova comisaría de Policía. Aprobado por unanimidade
Rectificación do Inventario de Bens Municipal. Aprobado por unanimidade

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.