Ao Partido Popular de Ribeira, a democracia fáiselle grande

Reproducimos a seguir un comunicado feito pola Asemblea  Local do BNG en relación ao acontecido nos último pleno, o luns desta semana:

No pasado Pleno Ordinario do Concello de Ribeira, tras a presentación dunha moción do BNG na que se recollían diversos acordos consensuados coa Plataforma Stop-Desafiuzamentos da Barbanza, o PP votou en contra, sen ter negociado ningún dos puntos recollidos na moción.


Participación. BNG Ribeira

Esta actitude, absolutamente déspota e insensible coa situación de emerxencia social que están a vivir tantas familias de Ribeira, provocou que membros do público manifestasen a súa desaprobación, coa conseguinte orde de expulsión da Alcaldesa en funcións. Despois, e de xeito improcedente, viría a expulsión do Concelleiro nacionalista Luís Pérez Barral, por demandar da Presidencia máis democracia e canles de participación na vida pública e por interceder ante estas persoas.


Deste xeito, e en vista dos feitos ocorridos, dende o BNG de Ribeira queremos denunciar que:

  • O noso Concello está perdido, exclusivamente, nunha política de infraestruturas e obras sendo algunhas moi prescindibles xa que nunha situación como a actual débese priorizar o investimento social.

  • A política do PP de Ribeira non está centrada nas necesidades sociais, e tan só pretende agochar unha realidade de sufrimento e padecemento social que se ceba con familias e moz@s en desemprego, ademáis de centos de emigrantes que foxen da nosa localidade cada ano.

  • As políticas de recortes sociais, dirixidas por Rajoy e Feijoó e asimiladas por Ruíz Rivas, son o único fundamento para que o PP de Ribeira, no pasado pleno, non queixese constituír un fondo solidario para casos de emerxencia social e facilitar vivenda pública para as persoas en risco de exclusión social.

  • O PP nega e prohíbe calquer forma de manifestación ou intento de participación vecinal. Faino no Estado coa Lei de Seguridade Cidadá, agora tumbada polo Tribunal Constitucional, e faino no noso Concello expulsando ás persoas discrepantes sen mediar palabra e sen axustarse á legalidade.

  • O PP rexeitou, en sesión plenarias previas, aprobar un regulamento de Participación Veciñal presentado polo BNG, mais o curioso é que mantén un concelleiro con adicación exclusiva nesta materia que non fai nada en absoluto.

  • O PP de Ribeira está adquirindo, nos últimos tempos, unha deriva de represión e autoritarismo reprendendo, de xeito sobredimensionado aos seus vecinos, e facendo un uso abusivo do poder.

Finalmente e para rematarmos, queremos trasladar o noso firme apoio á veciñanza nestes momentos que está sendo agredida polas políticas antisociais do PP, de recortes, de suba de impostos ás clases populares, etc que están sumindo na pobreza a moitas persoas.
Ante isto, desde o BNG seguiremos levando e defendendo no pleno e nas institucións necesarias así como na rúa, a realidade da veciñanza da nosa cidade que está a sufrir unha crise, que non provocou.

Un comentario en «Ao Partido Popular de Ribeira, a democracia fáiselle grande»

  1. May I just say what a comfort to find a person that actually knows what they are talking about online. You actually understand how to bring an issue to light and make it important. A lot more people really need to look at this and understand this side of your story. I ca1Rn7;t believe you are not more popular since you certainly have the gift.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.