Álex Vidal e Santos Oujo recibirán a medalla de Ribeira

O Pleno aproba unha demanda histórica reivindicada polo BNG, adecuar a Casa da Xuventude

Resumo do pleno ordinario do mes de abril de 2019.

Iniciativa do BNG sobre o benestar animal: o voceiro do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas, interesouse sobre o estado no que se atopa a canceira municipal, xa que a súa ampliación estaba pendente da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galiza. O posíbel uso por parte doutros concellos de maneira mancomunada tamén está no aire ao esixir, a devandita lei, un espazo moito maior.

Desde o BNG instouse a seguir promovendo as adopcións para evitar o sacrificio de animais e avogouse por campañas de sensibilización.

Iniciativa do BNG para arranxo da pasarea de acceso ao Carreiro en Aguiño: na praia da Catía hai unha pasarela de madeira que dá acceso ao Carreiro. Na actualidade esa pasarela atópase moi deteriorada e pode provocar riscos ao ter parafusose puntas á vista. Desde o BNG incidiuse en que o Concello de Ribeira debe manter en bo estado as infraestruturas e o mobiliario, polo que instamos a que se acometa unha adecuación das táboas canto antes.

Iniciativa do BNG sobre o control de roedores e pragas nunha casa abandonada en Corrubedo: veciños e veciñas de Corrubedo contactaron co Bloque para queixarse sobre unha casa abandonada que hai na rúa nº6 de Corrubedo na que a maleza e o mal estado da parcela provoca que haxa presenza de numerosos roedores. Desde o BNG instouse ao executivo local a que actúe para evitar esta situación que provoca malestar na veciñanza.

Outros asuntos

Aprobación dun crédito extraordinario por valor de 1.669.552€ que se divide nas seguintes contías:
>> 906.175€ para amortizar débeda
>> 325.273€ para reforma integral da Casa da Xuventude na que se prevé acondicionar a envolvente térmica e reforma interior. Neste punto o BNG foi moi crítico coa nefasta xestión feita polo Partido Popular, xa que a instalación sufriu atrasos na súa construción, inundacións, deterioros, etc.
Desde o BNG sempre se traballou para que a Casa da Xuventude fose un espazo de uso e desfrute da mocidade de Ribeira e presentáronse iniciativas desde 2008 até 2015 instando a adecuar as instalacións e propoñendo a participación dos mozos e mozas á hora de programar actividades. Vemos reflectida unha vella demanda da mocidade e defendida polo Bloque [iniciativas do BNG sobre esta instalación]
>> 289.653€ para nave industrial destinada a almacén municipal
>> 80.490€ para adquisición dun local para construír un punto de encontro familiar. Era unha reivindicación de todos os grupos da Corporación Municipal, xa que Ribeira e a comarca da Barbanza precisan dun local así, para non ter que desprazarse até Santiago de Compostela.
>> 67.929€ adquisición dunha antiga nave de salgadura no Touro.
Aprobado cos votos a favor de PP, BNG, C’s, IPR e 3 edís non adscritas/os e coa abstención do PSOE

Concesión medalla de Ribeira a Alex Vidal Álvarez e a Santos Oujo Bello.

Alex Vidal Álvarez (Ribeira 1981) fai taekwondo como maneira de facerlle fronte á polirradioculoneurite que se lle diagnosticou de neno e que lle deixou unha minusvalía do 77%. Gañou en 2007 o 1º Campionato Galego Promesas, en 2008 foi 3º no Campionato de Galicia Absoluto e subcampión en 2009, tamén acadou o 4º posto no Campionato de España de Clubs. En 2009 tamén acadou medalla no Primeiro Campionato Mundial de Parataekwondo e repetindo na edición celebrada en Rusia.

En 2012, 2013, 2014 e 2017 acadou o ouro nos Campionatos do Mundo en Aruba, Suiza, Moscova e Londres. Agora xa ten a súa vista posta nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.

Santos Oujo Bello (Ribeira 1943) foi o 1º enxeñeiro de telecomunicacións en obter unha acta no Parlamento de Gaiza, participando nas catro primeiras lexislaturas por UCD (1981-1985), por Coalición Galega partido do que foi fundador (1985-1993) e polo PsdeG-PSOE (1993-1996).

Entre 1987 e 1990 foi conselleiro de Industria, Comercio e Turismo no tripartito presidido por Fernando González Laxe, sendo o primeiro ribeirense en acadar o rango de conselleiro.

Aprobado por unanimidade

> Aprobado por unanimidade unha mellora salarial para persoal municipal, recollida da Relación de Postos de Traballo (RPT) de 2009.

> Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para incorporar os paseos marítimos de Castiñeiras e A Cambra-Insuela. Aprobado por unanimidade

> Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para incorporar a área punta do Castro en Castiñeiras. Aprobado por unanimidade

> Aprobado por unanimidade mellorar un camiño preto do CEIP de Palmeira e tamén unha actuación de mellora de saneamento nas rúas Rocapellón, Prado e Campo da Agra en Corrubedo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.