Alegacións para que a EDAR de Ribeira conte cunha solución específica para Xarás

É unha vella demanda do BNG, que Ribeira conte co necesario saneamento integral das súas augas residuais. Augas de Galiza non ten previsto facer a Estación de Depuración Augas Residuais (EDAR) específica para os residuos do Polígono de Xarás, a pesar de recoñecer que teñen unha alta carga contaminante e sendo a metade das augas residuais do concello de Ribeira. A solución que ofrecen é levalas ó emisario do Touro e botalas directamente á ría sen depurar. Na actualidade o emisario está roto e contamina zonas de marisqueo e baño.

Demandamos do Partido Popular que antepoña os intereses da cidadanía de Ribeira ós do seu partido e esixa á Xunta de Galiza, como fai e fixo sempre o BNG, que a depuración das augas residuais se faga con todas as garantías, respectando o acordo acadado por unanimidade (PP, BNG, PSOE, IPdR) no Pleno do día 30 de Xullo do 2007, que incluía entre outros puntos, “que se solicite da Xunta de Galicia unha depuradora específica para o Polígono Industrial de Xarás”.

Demandamos tamén o cumprimento do compromiso recollido na acta do día 25-03-2010: “O Sr. Alcalde asegura que a solución dos vertidos urbanos irá de forma paralela á solución e confirmación da depuración industrial”.

Se todos os Grupos Municipais fomos capaces de chegar a este acordo de mínimos, non se entendería agora posturas contrarias por parte do goberno local e autonómico. Ribeira, ten unhas enormes potencialidades tanto no ámbito dos sectores vencellados ao mar como á industria e ao turismo, dos que dependen moitos postos de traballo.

Consideramos que pretender depurar só as augas residuais urbanas, deixando sen depurar as industriais, dista moito de ser unha depuración integral e sustentable. Non esquezamos a privilexiada situación xeográfica do noso concello: a carón da Ría da Arousa, unha das máis produtivas do mundo, área costeira de grande riqueza pesqueira e marisqueira; formando parte do Parque Nacional da Illas Atlánticas, e contando co Parque Natural máis visitado de Galiza e cunha ampla área de Rede Natura. Estamos falando, pois, dun espazo dos máis singulares de Europa, que conta cun alto grao de protección, polo tanto, todas as medidas que se adopten para non poñer en perigo toda esta riqueza natural son poucas.

Pincha aquí para ver as nosas alegacións: ALEGACIONS

Anteriormente propostas e iniciativas do BNG sobre a EDAR de Ribeira: Depuración

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.