A Comisión Veciñal de Aguiño manifestouse satisfeita polo acordo unánime acadado pola Corporación Municipal o pasado luns ante a iniciativa do BNG a respecto da EDAR de Ribeira. Aínda así, decidiu continuar co seu calendario de mobilizacións ata que a Consellería de Medio Ambiente se pronuncie a este respecto.
Por esta razón, onte concentráronse diante do Concello máis dun cento de persoas e continuaron a entrega de sinaturas comezada o pasado luns. En total presentáronse unhas mil cincocentas, aproximadamente. Varios representantes do BNG estivemos alí apoiando as súas reivindicacións.
Nova na Voz:
Vecinos de Aguiño mobilízanse contra o plan de depuración
Nova no Diario de Arousa:
Veciños de Aguiño solicitan con 1.500 sinaturas que se alonxe a EDAR e se estudie o seu impacto ambiental
De parte dun veçiño dAghiño na emighraçòn, querovos dar as ghraças a tòdolos representantes polìticos por axudarnos a protexerlo noso pobo. Desearìa tamèn que se cheghades a ghobernar no Conçello, seguìsedes defendendo os intereses das parroquias que o forman. Por outro lado, a ver se alghuèn me pode dar un telèfono ou un endereço virtual da plataforma aghuiñense que está traballando no asunto. No meu myspace hai un vídeo da zona de Pinisqueira e Çeleiràns (tamèn o poderedes atopar en youtube “depuradora de Aguiño”). Un saudo
Ola Anxo, graciñas a tí. Poderás poñerte en contacto coa Comisión de Veciños de Aguiño no seguinte enderezo: comisionedar@gmail.com.
Saúdos