Adxudicada a redacción do proxecto do Polígono da Barbanza

Localización Polígono da BarbanzaProposta de Ordenación Polígono da Barbanza



 Ambos documentos deberán estar rematados antes do 15 de decembro deste ano para a continuación iniciar a súa tramitación administrativa

 Este parque contará cunha superficie de 1 millón de metros cadrados, nos concellos de Ribeira e Pobra do Caramiñal, e o investimento total previsto é de 32 M. €

Santiago de Compostela, 10 novembro 2007.- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, adxudicou por 524.000 € a redacción do Proxecto Sectorial e Proxecto de Urbanización do Parque Empresarial do Barbanza, situado entre os Concellos de Ribeira e Pobra do Caramiñal. A empresa que resultou adxudicataria, Técnicas Territoriales Urbanas S.L., deberá entregar á Consellería ambos documentos antes do 15 de decembro deste ano, para a continuación iniciar a súa tramitación administrativa.

Ademais da redacción dos proxectos Sectorial e de Urbanización, esta empresa farase cargo da redacción do Estudo de Impacto Ambiental, Estudo de Prospección e Informe Arqueolóxico, Estudo de Seguridade e Saúde e o Plan de Calidade.

A Consellería de Vivenda e Solo reserva unha partida de 560.000 € para a adquisición de terreos, que acaba de iniciar. A previsión é que a tramitación administrativa se desenvolva durante o 2008 e a licitación das obras se produza no primeiro semestre do 2009. O investimento total previsto nesta actuación é de 32.062.224 euros, dos que máis de 27 millóns se dedicarán á urbanización e 4,1 millóns se empregarán na adquisición de terreos.

O Parque Empresarial do Barbanza está situado nos municipios de Ribeira e Pobra do Caramiñal, que comparten unha economía relacionada co sector pesqueiro e cunha actividade industrial concentrada na conserva. A localización desta infraestrutura é produto dun estudio de viabilidade medioambiental, técnica e económica no que se analizaron 10 millóns de metros cadrados de terreo antes de optar pola área de actuación concreta que albergará o futuro parque.

O Parque Empresarial do Barbanza contará cunha superficie total de un millón de metros cadrados, dos que 500 mil metros cadrados serán de uso empresarial e industrial, 311 mil metros cadrados para espazos libres, 124 mil metros cadrados para a rede viaria e 31 mil metros cadrados para equipamentos.

Este parque incluirá naves modulares para os pequenos empresarios que queiran instalarse co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades de solo produtivo a un prezo e nunhas condicións razoables. Estas naves terán un tamaño aproximado de 500 metros cadrados e serán adxudicadas en réxime de aluguer con opción de compra transcorridos 10 anos.

Ademais, o futuro Parque Empresarial do Barbanza contará cun edificio de usos múltiples para dar servizo aos empresarios que se instalen neste parque, tanto de Ribeira como de Pobra do Caramiñal. Este edificio, que contará con espazos comúns de novas tecnoloxías, estará situado nunha parcela de uso dotacional público e será adxudicado por concesión administrativa durante un prazo determinado de tempo.

O Parque Empresarial do Barbanza está incluído no Proxecto Galiza Suma, que supón a construción de parques empresariais estratéxicos e ben dimensionados, cunha alta calidade arquitectónica e tecnolóxica, con dotacións e servizos propios do século XXI.

Nova na Voz:
A Xunta adxudica a redacción dos proxectos de urbanización do macropolígono barbancés

11 comentarios en «Adxudicada a redacción do proxecto do Polígono da Barbanza»

  1. Parece que Vivenda vai cumprindo os prazos previstos. É necesario este chan industrial para o desenvolvemento económico desta comarca. Coa autovía e este polígono, Ribeira e Barbanza van a experimentar un importante impulso económico. Vai sendo hora!

  2. Estaría ben que se fora pensando en quitar as empresas do medio do pobo. A de Corrubedo, por exemplo, xa fai moito que está aquí de máis. Ese polígono sería unha boa solución para rematar cun problema que lle afecta a moitas persoas.

  3. Seguramente, M. Ruiz, o terías visto dende fai tempo si o governo do PP o gestionara daquela, pois por falta de tempo non foi, e agora tí encontraste sin él (sin o tempo), será que xa es moi vello…
    Pois eu, que teño pensado durar 20 anos mais, creo que o verei e mais disfrutarei del.

    Saúdos.

  4. Vaia, vaia… non sabía eu que se pudera utilizar este medio para facer gracias, pero se e así para cando coincida chamos a Tamariz e xa tedes o trio .
    M.Ruiz e T.Colomer… ¿Por que no te callas?, Perdón: ó cadrado…

  5. Haberá quen o tome a coña, pero o do polígono é o mellor que lle pasou a RIbeira en 20 anos…e non foi cousa do PP. Que non se retarde o mais mínimo porque nos xogamos moitos postos de traballo…e moito mais.

  6. Moitos empresarios están ansiosos por saber datas mais concretas de remate das obras. Xa sabemos que sempre se poden retrasar por calquera razón e que casi nunca se adiantan, pero ¿onde se pode un informar “mais a fondo”? Tamen sería interesante dar precios aproximados por metro cuadrado. Moitos proxectos importantes están agardando.

  7. Somos conscientes da importancia desta infraestructura para o tecido empresarial da comarca, especialmente de Ribeira que leva anos co chan industrial esgotado. Por iso toda a información que hai a respecto deste polígono a estamos poñendo aquí.

    Persoalmente tamén me gustaría que todo fora máis rápido, pero hai unha serie de trámites administrativos que levan o seu tempo. Polo que nos teñen dito, tanto a Conselleira de Vivenda e Solo, como o Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, unha vez iniciadas as obras todo vai moito máis rápido.

    Para máis información podes poñerte en contacto con nós, enviando un correo electrónico, ou directamente no Instituto Galego de Vivenda e Solo.

    Saúdos

Responder a Manolo Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.