Adxudicada a instalación de iluminación LED na Praza Avenida do Malecón.

O concello de Ribeira adxudicou a instalación de  luces LED na Praza Avenida do Malecón cun presuposto de licitación de 48.394,97 euros.

A praza Avenida do Malecón e o parque infantil son un espazo de recreación pero tamén sitio de paso para o acceso a diversos lugares de interese cidadán; como a Oficina de  Consumo e Turismo de Ribeira, o Centro de Saúde ou a Axencia Tributaria. A iluminación  existente non é suficiente para garantir a seguridade dos visitantes e o correcto  funcionamento do parque; por iso o reforzo lumínico nesta praza pública vólvese esencial para facer un uso axeitado e seguro da zona. O reforzo consistirá na instalación de 3 columnas dotadas de 15 proxectores con ópticas LED.

“Unha iluminación axeitada contribúe a crear unha contorna segura para a veciñanza,  especialmente para os nenos que xogan no parque. Permite unha mellor visibilidade,  reducindo os riscos de accidentes” afirma o alcalde Luís Pérez.

O proxecto, cofinanciado nun 80% polo “Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)  no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible, executarase no prazo dun  mes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.