Actuación integral nas Barrosas

O BNG de Ribeira ven de presentar unha iniciativa no Concello, por medio da concelleira Anxeles González Cruxeiras para que o Goberno Municipal acometa unha actuación integral que supoña:


• A dotación de auga e saneamento nos lugares de Toxeira de Antromatos e Barrosas da parroquia de Carreira.

• A canalización de pluviais necesaria para evitar asolagamentos en torno a algunhas vivendas.


• O pavimentado de todas as pistas, así como a dotación dos puntos de luz necesarios.

En Carreira, concretamente nos lugares de Toxeira de Antromatos e Barrosas, preto da Capela da Guía, hai un nutrido grupo de vivendas, algunhas das cales contan con máis de cincuenta anos de antigüidade, que non dispoñen de auga e saneamento, a pesar de que chega moi preto das súas casas.

Ademais, o acceso ás súas vivendas tampouco conta con un firme adecuado. Tamén é necesaria a dotación dalgúns puntos de luz, así como a canalización de augas pluviais que impidan o asolagamento en torno a algunhas vivendas.

Iniciativa:
2007-09-21actuacionintegralnasbarrosas.pdf

Nova na Voz:
Os nacionalistas demandan ao executivo que acometa unha actuación integral en Carreira

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.