Hoxe presentouse a travesía que cumpre trinta anos, á presentación asistiron, concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a presidenta do Club de Natación Ribeira, María Villar xunto ao adestrador do club, Juan Carlos Ageitos.
O vindeiro venres 15 de agosto terá lugar esta clásica travesía á altura do bar da praia de Coroso a partir das 11:00 horas da mañá, o concelleiro resaltou o ambiente familiar da competición que é de carácter popular; “coa intención de vivir e promover os hábitos saudables e a natación en Ribeira”. Vidal informou que xa hai maís de cen inscritos e que o prazo para as inscricións estará aberto ata mañá día 12 de agosto até as 00:00 horas.
A presidenta do Club Natación Ribeira, María Villar agradeceu “un ano máis e neste especialmente xunto á concellería de Deportes colaboración do Concello de Ribeira”. Destacou especialmente a incorporación da categoría inclusiva nesta trixésima edición; nos parece moi importante que as persoas con diversidade funcional poidan participar na travesía”. par rematar animou aos veciños e veciñas a inscribirse na travesía e especialmente este ano invitou ás persoas con diversidade na categoría inclusiva.

