O Auditorio Vello de Ribeira acolleu un o acto conmemorativo do Día Mundial Sen Tabaco, organizado polo Centro de Saúde de Ribeira en colaboración co Concello de Ribeira.
O evento deu comezo ás 12:00 horas co acto institucional “Ribeira sen fume”, no que interviron figuras clave da sanidade e da administración local. A xefa de servizo de Atención Primaria de Ribeira, Raquel Martínez Bugarín, destacou o compromiso da área sanitaria coa prevención e a promoción da saúde. Bugarín tamén agradeceu a presenza de persoas que conseguiron deixar o tabaco coa axuda dos grupos que forma o centro de saúde ribeirense. Pola súa banda, o subdirector de Humanización da Área Sanitaria Santiago-Barbanza, Juan Manuel González Lorenzo, subliñou a importancia da atención tamén nas campañas de sensibilización como as que fai o centro de saúde ribeirense.
O alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, e o concelleiro de Saúde, Juan L. Furones Ramos, pecharon este primeiro bloque institucional facendo fincapé no apoio continuado do Concello ás iniciativas en favor dunha vida sen tabaco, das entidades e das medidas como novos espazos sen fume no municipio.

