Aprobada a proposta económica do PP coas abstencións de PSOE e IPR

Bloque Nacionalista Galego – Asembleas Abertas expresou o seu voto negativo á proposta económica do PP polas seguintes cuestións:

A proposta do PP era continuísta e inamovible xa que non presentaba novidades con respecto á anterior, pois seguía mantendo 5 persoas a tempo completo (2 cargos políticos e 3 persoas de confianza) igual que no mandato anterior e cuns salarios practicamente idénticos á proposta inicial. Soldos:

PostoSoldo proposta inicialSoldo proposta aprobada
Alcalde54.000€ brutos ao ano52.800€ anuais
1ª Tenente alcalde31.593 brutos por ano30.510€ anuais
Secretario/a26.139€ por ano25.094€ anuais
Asesor prensa municipal30.275€ por ano29.064€ anuais
Coordinador/a Servizos Sociais18.823€ por ano18.823€ por ano

Poucos cambios nunha proposta inmobilista do PP que grazas a postura de IPR e PSOE conseguiu sacar adiante.
Parece un insulto á intelixencia como a primeira proposta dista da segunda en só 5.000€ e onde nada máis se modifica. Para o BNG con isto, perdeuse unha oportunidade histórica para transformar as políticas que aplica o PP en Ribeira e poder deseñar outro goberno e outra maneira de facer as cousas.

Votación: PP e concelleira non adscrita a favor, BNG e C’s en contra, PSOE e IPR abstención

A proposta do BNG permitía un goberno eficaz e económico


O BNG entregara unha proposta dialogable no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira co fin de chegar a un acordo cos grupos municipais da Corporación Municipal que finalmente non tiveron en conta.


RetribuciónsPleno Municipal Ribeira. BNG. Foto LaVozDeGalicia


Alcalde: o soldo do alcalde cumpre a legalidade vixente na que se estipula o tope de 55.000€/brutos anuais para concellos cunha poboación entre 20.001 e 50.000 persoas.
Desde o BNG Ribeira considerábamos que o traballo que exerce calquera persoa debe ser remunerado dignamente, quer no sector privado quer administración pública. Malia todo, a situación de recortes en dereitos e prestacións promovidas polo Partido Popular lévabanos a considerar que a rebaixa proposta era insuficiente xa que a austeridade que lle impoñen ao pobo, non a aplican sobre si mesmos, polo que recomendábamos unha rebaixa maior que podería ser destinada para ter unha media dedicación ou para engrosar o Fondo de Emerxencia Social.


1ª Tenente alcalde: fixaríase unha dedicación exclusiva cun soldo de 31.593€ brutos anuais ou ben podería dividirse en dúas medias dedicacións.


Indemnizacións a membros de Corporación Municipal


Para os e as concelleiras sen dedicación exclusiva, a proposta do BNG é a seguinte:


Xunta de Goberno Local30€/sesión
Xunta de voceiras/os30€/sesión
Comisións informativas15€/sesión
Comisións especiais de seguimento12€/sesión a certificar pola secretaría xeral
Asistencia a Pleno Municipal90€/sesión
Órgano consultor de Goberno Municipal e Coordinación de Delegacións135€/mes


Persoal Eventual


No BNG consideramos que non é preciso ter tres persoas de confianza para que o Concello de Ribeira funcione correctamente polo que a nosa proposta é ter un único cargo de confianza cun soldo entre 25.000€ e 30.000€ anuais tal e como está estipulado na Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ribeira.


Grupos Municipais


No BNG defendemos que os representantes do pobo deben ter uns medios mínimos para poder realizar un correcto traballo de fiscalización ao goberno. Na actualidade os grupos municipais non teñen medios humanos e moi poucos medios materiais para facer este traballo.


Cremos que os grupos municipais verían mellorado o seu rendemento e os seus medios cunha achega de 600€/mes + 50€/concelleir@. Malia isto, o BNG ten unha clara vocación de servizo público e un traballo altruísta ao servizo da xente, polo que se non se considera oportuna dita cantidade neste intre, propoñemos que a achega se conxele tal e como está na actualidade (400€/mes + 50€/concelleir@).


Beneficio social e aforro económico


Esta proposta do BNG-AA crearía un goberno eficaz, resolutivo permitindo a gobernanza no Concello de Ribeira e alén da mellora organizativa, suporía un aforro económico de 100.000€ anuais aproximadamente que poderían ser destinados a un Fondo de Emerxencia Social co que cubrir as necesidades máis urxentes de moitas veciñas e veciños que están nunha difícil situación como poden ser desafiuzamentos, pobreza enerxéctica (electricidade e gas) ou alimentación.

Un comentario en «Aprobada a proposta económica do PP coas abstencións de PSOE e IPR»

  1. O BNG ten toda a razon. Os cidadans deste pobo pdeiron cambio. Sei dos esforzos do BNG para conquerilo. Non foi posible pero si e posible facer mellor as cousas. Si que se perdeu unha oportunidade historica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.