Corrubedo rechaza a piscifactoría do Corgo

praia-de-serans.JPG

A Plataforma Medioambiental de Corrubedo criticou a actitude da Xunta de Galicia de non poñer en marcha un plan de ordenación do parque natural, que considera necesario para coñecer os usos que poden darlle aos diferentes espazos incluídos neste e aos que forman parte do Lugar de Interese Comunitario (LIC).

Engaden que, facendo caso omiso ás súas demandas, Pesca presentou un plan sectorial de acuicultura no que se inclúen a construción dunha piscifactoría, e a ampliación doutras dúas xa existentes entre os lugares de Couso e Seráns.

Nova na Voz:
Veciños de Corrubedo reclaman un plan de ordenación do lugar

3 comentarios en «Corrubedo rechaza a piscifactoría do Corgo»

  1. Dende Corrubedo damos as grazas a Dominga Brión por estar canda a xente nesta barbarie. Só co apoio da nosa xente podemos parar as ansiais expansionistas das multinacionais ás que queren agasallar cun país enteiro. É por isto que a loita debería ser tamén abandeirada polos grupos políticos de Ribeira, coma neste caso. CORRUBEDO, TERRA LIBERADA

  2. Esta e a páxina web do BNG de Ribeira, ¿non?. Logo si opinades así, e sodes socios do goberno da Xunta, ¿a qué esperades para impedir que se cometa tal barvaridade?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.