A Copa de Galiza de Kenpo Infantil celebrarase en Palmeira

A Copa de Galiza de Kenpo Infantil que se celebrará o vindeiro día 15 de febreiro no pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira e será clasificatoria para o Campionato de España que terá lugar o 15 de marzo do presente ano en Guadalaxara.


Ao acto de presentación asistiron, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal xunto con Iván Parada, un dos adrestradores do Club de Kenpo Barbanza e organizador desta I Copa de Galicia Infantil (Federación Galega de Karate D.A.)

Vidal informou que o campionato transcorrerá nunha xornada de mañá e outra de tarde: “onde van a participar nenas e nenos de seis a sete anos até mozas e mozos de catorce a quince anos. Na xornada matinal teremos Katas”, Kobudo e defensa persoal, pola tarde Semikenpo e  Submission”.

O concelleiro de Deportes falou da honra que supón para o concello de que se celebre a Copa de Galicia en Ribeira e manifestou o apoio do mesmo ao Club de Kenpo Barbanza. Rematou a intervención amosando: “o noso apoio e agradecemento a todas e todos os deportistas desta disciplina que participan en diferentes competicións, non só nacionais ou estatais senón tamén a nivel europeo e internacional, a verdade é que son un orgullo para o noso pobo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.