A Barbanza na candidatura das Autonómicas 2009

O Consello Nacional ven de aprobar as candidaturas para as galegas, nas que a Voceira do BNG de Ribeira, Dominga Brión, ocupa o posto 8 pola Coruña e na que tamén figura Dores Torrado, concelleira no goberno de Boiro. Ámbalas dúas candidatas xa obtiveran o respaldo unánime da Asemblea da Barbanza

O Consello Nacional do BNG aprobou as listas e o programa para as vindeiras eleccións autonómicas. As candidaturas nacionalistas irán encabezadas por Anxo Quintana (A Coruña), Teresa Táboas (Pontevedra), Fernando Blanco (Lugo) e Alfredo Suárez Canal (Ourense). Ana Pontón será número dous pola Coruña. A proposta definitiva da executiva foi aprobada por un amplísima maioría ao igual que o programa electoral.

Segundo Quintana, as listas do BNG “son froito dun proceso democrático, de participación, no que os militantes, as compañeiras e compañeiras son os protagonistas da decisión”. “Foi un proceso con grande participación nas comarcas, e finalmente estas candidaturas foron aprobadas con case o 85% de votos afirmativos no Consello Nacional”.

Listas electorais do BNG:
listas-electorais-bng.pdf

Un comentario en «A Barbanza na candidatura das Autonómicas 2009»

  1. Que opino? pois opino que dende a traxectoria dun pais que foi sempre SACRIFICADO, ven sendo hora que que non SACRIFIQUEN a empresas como a nosa TURNAUGA en aras de parecer o que non se é. Eu colaborei sempre co Bloque, dende sempre, e cando pido que se traia ó Barbanza iniciativas coma a da primavera activa de Rubén Lois, traese pero subcontratándome atraveso doutra emprsa RECENTEMENTE CREADA que ten inda non experiencia e teño que calar. Si alguén me poidera decir POR QUE? sAUDOS. cheche

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.