A asemblea do BNG na Barbanza sitúa a Luís Pérez Barral á fronte do proxecto

A asemblea do BNG na Barbanza sitúa a Luís Pérez Barral á fronte do proxecto

Dentro do proceso de renovación orgánica iniciado na XVII Asemblea Nacional, a Asemblea Comarcal do BNG na Barbanza reuniuse o pasado martes 30 de novembro, para elixir o novo Consello Comarcal.

A candidatura presentada e encabezada por Luís Pérez Barral obtivo a confianza da militancia para afrontar os vindeiros retos da organización. En palabras do novo responsable comarcal “este novo consello comarcal márcase como obxectivos agrandar a base social do nacionalismo e reforzar o BNG como alternativa política”. Pérez Barral salientou o proceso asemblear por ser democrático e participativo, sen comparación con ningún outro de ningunha forza política, e no que a militancia decide activamente a liña política da organización para os vindeiros anos. “O BNG é unha organización que se debe aos seus e ás súas militantes e ten neles e nelas a súa maior fortaleza” destacou.

A asemblea recoñeceu e agradeceu o grande traballo que tiveron que facer os membros do Consello Comarcal nos últimos anos marcados pola pandemia da Covid-19. Así mesmo cren que se abre agora un novo ciclo de reforzamento e actualización do proxecto nacionalista do BNG, que “buscamos culminar coa consecución dun cambio político transformador en Galiza comezando avanzando nas municipais e culminando no 2024, co BNG na presidencia da Xunta”.

Outra das principais novidades é que a asemblea do BNG apostou por establecer unha composición do Consello Comarcal dinámica e aberta a novas incorporacións desde as asembleas das localidades para seguir achegando persoas que permitan seguir avanzando e fortalecendo o proxecto.

Luís Pérez afirma que hoxe, o BNG é máis forte ca nunca grazas “á  xenerosidade, lealdade, unidade de criterio e de acción do colectivo” pero temos por diante grandes retos como son ensanchar a organización traballando arreo a carón da xente, aumentar a representación nas institucións para facer visíbel que se poden facer política a favor da xente abrindo un tempo novo de futuro e de esperanza para os galegos e as galegas.

 

Candidatura do Consello  Comarcal do BNG na Barbanza

Luís Pérez Barral (Ribeira)
Mª Mercedes Rodríguez Pimentel (Rianxo)
Pablo Ferreirós Vidal (Boiro)
Rosana Pérez Fernández (A Pobra)
Xosé Antonio Vázquez Cobas (Ribeira)
Amparo Cerecedo Sánchez (A Pobra)
Daniel Ermo Sanches (Boiro)
Xosé Manuel Casal Sabín (A Pobra)
Mª Cruz Rivadulla Márquez (Ribeira)
Adolfo Muíños Sánchez (Rianxo)
Xabier Santos González (A Pobra)
Raquel Suárez Regades (Boiro)
Ramiro Ouviña Ouviña (A Pobra)
Elvira Branco Pérez (Ribeira)
Tobías Betanzos Rego (Rianxo)
Carlos Branco Ansoar (Boiro)
Mª Cristina Andrade González (A Pobra)
Fco. Xavier Santamaría Branco (Boiro)
Laura Novelle López (A Pobra)
Vicente Paz Carou (Ribeira)

Supentes
Teresa Prol (Ribeira)
Severino Romero (A Pobra)
Adelina Ces (Rianxo)
Fran Rey (Rianxo)
Antón Parada (Ribeira)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.