A asemblea de Galiza Nova escolle a Elvira Blanco responsable comarcal

“Na mocidade nacionalista e rebelde está o motor da transformación da Barbanza e o futuro de toda Galiza”.

Galiza Nova realizou na tarde do sábado asemblea aberta da mocidade da Barbanza na que participou o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera. En dita xuntanza os mozas e mozos de Galiza Nova debateron sobre a situación da mocidade na comarca e na Galiza, e escolleron a Elvira Blanco coma nova responsábel comarca de Galiza Nova na Barbanza, en substitución do compañeiro Alexandre Ríos Batista que se atopa desprazado na Coruña por motivos de estudo. O concelleiro de Galiza Nova e BNG en Ribeira, Luís Pérez Barral será o novo vice-responsábel comarcal da organizacón xuvenil na Barbanza.


O secretario xeral de Galiza Nova Alberte Mera (4º pola dereita) e Elvira Blanco (6ª pola dereita) con membros de Galiza Nova Barbanza.Actualmente Elvira é a vice-responsábel local do BNG en Ribeira e Luís é concelleiro, membro da Dirección Nacional e da Permanente de Galiza Nova, tarefas que ambos compatibilizarán co traballo comarcal na organización xuvenil.


Elvira aceptou a responsabilidade que lle propuxeron as súas compañeiras e compañeiros con gratitude e moitos ánimos para coordinar o traballo xuvenil na comarca, coa seguranza de que na mocidade nacionalista e rebelde está o motor da transformación da Barbanza e o futuro de toda Galiza.


Con esta asemblea demostrouse que na Barbanza existe un gran número de rapaces e rapazas concienciados cos problemas que o modelo de goberno do Partido Popular impón na Galiza. A xente nova sabe que este é un momento decisivo para organizarse e atallar os problemas que afectan á mocidade da comarca, como son as altas taxas de desemprego e emigración xuvenil.


Consolídase así un equipo de mozas e mozos nacionalistas con moitas ganas de traballar, mobilizar á xente nova e potenciar a visibilidade de Galiza Nova na comarca do Barbanza.


Asemblea de Galiza Nova da Barbanza
Galiza, 3 de outubro de 2015

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.