“Despido” da Secretaria Municipal: a posición do BNG

Non eran descoñecidas as discrepancias do actual Alcalde de Ribeira sobre o labor da xa ex secretaria municipal. Mesmo o BNG tiña amosado desconformidade con ela nalgunhas das súas actuacións. Pero en democracia hai formas e normas e son importantes.

O Alcalde tiña amosado publicamente a súa intención de non renovar a comisión de servizos que a secretaria ocupaba coa súa praza no Concello de Ribeira. Ate aquí nada que obxectar: o Alcalde é moi libre e ten dereito a aceptar o non a súa renovación no seu momento, marzo de 2012. Pero o que ocorreu foi unha “destitución forzada” en toda regra pese a que se intente vestir de “dimisión” ou “cese voluntario”.

A discrepancia de fondo pódese resumir na intención da secretaria de informar todos os asuntos que o Alcalde leva a Pleno. Moi recentemente, o acordo ao que chegou o Goberno de Ribeira coa empresa “Los Milagros” que, segundo sentenza xudicial firme, debera ser adxudicataria do servizo de Gardería Municipal. Segundo este acordo o Concello “indemniza” con 12.000€ á empresa e esta “renuncia” á execución da sentenza”. Tal e como lembrou o BNG no Pleno, este procedemento mereceu un “informe xurídico desfavorable” da Secretaria do Concello por “consideralo contrario a dereito” e porque “non se seguiu procedemento administrativo algún.. . para determinar a súa procedencia…” Velaí a gota que colmou o vaso (segundo algunhas interpretacións) e que motivou que o Alcalde “pedira” á Secretaria, segundo puido saber o BNG, o abandono inmediato do seu posto.

Que a funcionaria “aceptara” tamaño chantaxe parécenos moi respectable e mesmo comprensible. Pero isto no oculta que o que hai realmente no fondo desta cuestión é UN AUTÉNTICO GOLPE DE MANDO con consecuencias, tamén, no novo funcionario/a que ocupe a vacante ao que so lle cabe o sometemento á figura autoritaria do Alcalde ou o desterro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.