Arquivo da categoría: Sanidade e Servizos Sociais

O BNG pide que o concello negocie a cesión dalgunha das case 3000 vivendas baleiras que hai en Ribeira para casos de emerxencia social

O concelleiro do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia socialUnha das consecuencias máis dramáticas da emerxencia social é que a veciñanza do noso concello ou, sinxelamente, transeúntes, poden verse abocados a situacións de necesidade extrema. A existencia da emerxencia habitacional temporal no noso concello pode ter diferentes facianas: a producida por desafiuzamentos, por maltrato e violencia machista, xente sen teito… O paradoxo é que somos un concello que foi un dos expoñentes do auxe construtivo de Galiza e agora mesmo hai unha cantidade considerábel de vivendas baleiras cuxos propietarios son as entidades financeiras, o Sareb ou as empresas de construción. Cremos que é o momento oportuno para dotármonos, como concello, dunhas cantas vivendas (poden ser 2) para dar resposta a esas necesidades. Segundo o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas pódese facer ao abeiro da Ordenanza Reguladora das Medidas de Apoio ao Programa de Inclusión Social do Concello de Ribeira aprobada definitivamente no mes de febreiro, a cal di, no artigo 2 apartado 2.2.4, que “o concello promoverá accións encamiñadas a favorecer o acceso ao aluguer social con carácter temporal para aquelas unidades familiares que atravesen unha situación de extrema necesidade.

Por iso, o grupo municipal do BNG de Ribeira, solicita do Pleno da Corporación Municipal que o goberno municipal emprenda as accións oportunas para que o Concello de Ribeira teña solucións habitacionais propias para emerxencia social temporal.

Do mesmo xeito o BNG pide que se elabore un censo actualizado das vivendas baleiras que son propiedade das entidades financeiras e que o Concello de Ribeira se adhira ao convenio de colaboración asinado pola FEGAM e o IGVS para promover e facilitar alugueiro de vivendas así como favorecer a rehabilitación de inmobles.

Exemplos de vivendas baleiras en Ribeira:
O BNG defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia social. Casas baleiras en Aguiño

O BNG defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia social. Casas baleiras en CastiñeirasO BNG defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia social. Casas baleiras en Palmeira
O BNG defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia social. Casas baleiras en Ribeira

O BNG propón mellorar os accesos do Hospital e crear máis estacionamentos

O Hospital da Barbanza conta con cun acceso principal a través dunha rotonda desde a estrada AC-550 e outro secundario que parte da mesma estrada e vai desembocar ao lateral do Hospital preto da zona de Urxencias.

O BNG propón mellorar os accesos do Hospital da Barbanza e crear máis estacionamentosO BNG propón mellorar os accesos do Hospital da Barbanza e crear máis estacionamentos

Actualmente este acceso lateral é unha pequena corredoira estreita onde estacionan vehículos nas dúas beiras e non dispón de beirarrúa. Ademais dos problemas no firme rexístranse desbordamentos de auga provenientes dun regato que hai no lugar e que fai que o firme estea mollado en numerosas ocasións.

Desde o Bloque Nacionalista Galego entendemos que o Concello de Ribeira debe realizar unha mellora desta corredoira e ampliar o ancho da estrada para dotala de aparcamentos sinalados e cun bo firme. Habilitar zonas de aparcamento gratuítas nas proximidades do Hospital da Barbanza é moi necesario xa que a día de hoxe son escasas e esta obra permitiría crear un bo número de estacionamentos. Ademais desta obra habería que dotar dunhas cunetas a estrada para evitar que a auga pase por riba dela.

Por todo isto, o concelleiro Luís Pérez, en nome do BNG solicitará:

Que o Concello de Ribeira mellore o firme e o ancho desta corredoira habilitando zonas de estacionamento.

Habilitar unha cuneta coa que desaloxar a auga.

Fotografías da zona: Mellora nos accesos do Hospital e máis estacionamentos

O BNG traballa para aumentar o orzamento de Servizos Sociais

Na mañá de hoxe os concelleiros do grupo municipal do BNG; Xosé Vázquez Cobas, Luís Pérez Barral e Pilar Sampedro Laranga, así como a responsable local de Acción Social da organización nacionalista, Cruz Rivadulla, mantiveron unha xuntanza coa responsable de Servizos Sociais do Concello de Ribeira.Xuntanza do BNG co departamento de Servizos Sociais de Ribeira.

Esta reunión de traballo serviu para que os representantes do BNG obtivesen información de primeira man, a través do gran equipo de profesionais municipais que traballan neste departamento, datos como a execución orzamentaria que se está facendo nas diferentes áreas nas que son responsables, a cantidade de prestacións que se fornecen, etc. Incidiuse e tratouse de xeito máis detallado a partida orzamentaria destinada a emerxencia social, así como os casos que se atendían grazas a ela, así como tamén a partida destinada ao Servizo de Axuda no Fogar, co seu número de usuarios/as.

Esta xuntanza serviu para achegar tamén as propostas do BNG en materia de acción social, expresando o seu firme compromiso e traballo para conseguir unha maior dotación orzamentaria para o departamento de Servizos Sociais cos que facer fronte á aplicación da nova ordenanza de inclusión social.

Xuntanza do BNG co departamento de Servizos Sociais de Ribeira.En palabras do voceiro nacionalista “o investimento máis importante para o BNG é o que se fai nas persoas, non queremos que ningunha necesidade social quede sen cubrir”.

Os representantes públicos do BNG quedaron á disposición do equipo de profesionais do departamento para que, cando se comece a aplicar a nova ordenanza de inclusión social se observan que é preciso facer algunha mudanza para mellorar a súa aplicación, conten coa súa boa vontade e axuda no que lle sexa necesario.

O BNG dálle os parabéns a todos e todas as profesionais conforman un magnífico equipo técnico, moi cualificado e fan un gran traballo.

O traballo do BNG e dos colectivos sociais fan cambiar as políticas do goberno ribeirense. Agora a xente será o primeiro

Ordenanza de Inclusión Social

Este texto intentará paliar os efectos da crise do sistema capitalista e consecuencia das políticas neoliberais amplificadas pola austeridade dos gobernos do PP na Xunta de Galiza e no Estado español. Os recortes de Feijóo e Rajoy son a orixe dos problemas.

O BNG denunciou como PP e PSOE se puxeron de acordo para reformar a Constitución española no seu artigo 135 para impoñer o pago da débeda antes que as necesidades das persoas. Tamén se criticou o aumento de desempregadas/os de longa duración, precariedade laboral e salarial por mor da reforma laboral ou a redución de prestacións fan que milleiros de persoas se atopen nunha mala situación social e económica.Concelleiros do grupo municipal do BNG. Pleno Municipal Ribeira.

O BNG sempre loitou e traballou polos dereitos e pola xustiza social, porque non acreditamos na beneficencia e na caridade como solucións, aínda que si na solidariedade por iso apostamos pola coordinación do Concello de Ribeira coas diversas ONG’s e colectivos (Cruz Vermella, Stop-Desafiuzamentos, Cáritas, etc).

A ordenanza recolle importantes melloras e todas as emendas feitas polo BNG como a tarxeta moedeiro no canto de bonos, axudas para necesidade básicas de emerxencia social, renda social municipal, ou solucións habitacionais de emerxencia entre outras.

O BNG estará vixiante a que se dote con suficiente orzamento a súa aplicación porque para nós ningunha obra é máis importante que a xente, polo que o BNG non apoiará ningunha gran obra se as necesidades da veciñanza de Ribeira non están cubertas.
Esta ordenanza foi elaborada entre todos os partidos, persoal técnico de servizos sociais e colectivos sociais aos que lle damos os nosos parabéns polo bo traballo de colaboración e redacción da ordenanza.
Aprobado por unanimidade.

Ordenanza Apoio Inclusión Social: Documento Completo

Regulamento de Participación Veciñal

A Corporación Municipal aprobou por unanimidade o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ribeira. Este tema foi proposto no 2013 polo BNG sendo rexeitado polo PP, supoñemos que este cambio de postura se debe ao feito de non ter maioría absoluta. A participación da veciñanza na vida política foi un dos puntos fortes da campaña e do programa do BNG nas eleccións que agora se ve realizado. Malia ser un bo regulamento, o BNG conseguiu melloras importantes aprobando todas as súas emendas, como rebaixar do 15% ao 10% do censo o número necesario de sinaturas para presentar iniciativas veciñais e a blindaxe dos dereitos das asociacións e colectivos ribeirenses.
Aprobado por unanimidade.

Emendas do BNG aprobadas: Emendas ao proxecto de Regulamento de Participación Veciñal
Regulamento de participación veciñal: Documento completo

Ordenanza Fiscal para 2016

Imposto Vehículos Tracción Mecánica rebaixa dun 1%, Imposto Construcións e Obras rebaixa dun 3,85% quedará no 2,5%, Imposto Bens e Inmóbeis 0,4% do total (conxelado), Imposto Actividades Econóicas ficará conxelado.

O BNG é moi crítico co PP xa que o goberno vende como logro estas rebaixas cando no mandato anterior subiu preto dun 9% todas as taxas e impostos, coincidindo co peor momento da crise económica. Malia todo, o BNG estivo a favor destas rebaixas porque suporán unha pequena axuda ás economías da veciñanza ribeirense.

Haberá unha rebaixa do 50% na recollida de lixo e auga ás persoas que perciban a RISGA (paga duns 370€). Esta medida é ben acollida mais que chega tarde pois debería estar aplicándose desde hai anos.

No tema do mercado municipal, o estudo económico di que vai ter un custe de 39.705€ e unha recadación de 37.253€ polo que existirá un déficit de partida 2.452€.
O BNG propuxo que se dean facilidades para o pago podendo fraccionar o pago dos 100€/mes dos postos abertos e 120€/mes dos pechados, así mesmo puxemos especial énfase en que este novo proxecto de Mercado Municipal debe contar coa participación das praceiras e praceiros, para que sexa un mercado funcional e referente na bisbarra.
Votos a favor do BNG, PP, C’s e IPR. Abstención de PSOE

Moción en apoio aos mariñeiros galegos que traballaron en Noruega

Aqueles homes emigrados na década dos 50 do século pasado, curtidos dende nenos nos nosos mares, aprendidos por avós e pais, construíron a ben merecida fama que os mariñeiros galegos acadaron ao longo do tempo nas compañías marítimas de toda Europa, de xeito que a condición de galego era o mellor curriculum vitae que calquera podía presentar para “ter” praza nun daqueles barcos, que ofrecían mellores condicións de traballo.

Noruega non recoñece aos mariños galegos nin os anos que navegaron baixo a súa bandeira, o que impide que sexan computados en calquera cálculo a efectos de xubilación, nin os dereitos de pensión derivados dos impostos tributados ao longo daqueles anos, ata 1994.

O traballo da organización Longhope non é en solitario pois en marzo pasado o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade a proposta do Bloque Nacionalista Galego, instando ao Goberno a interpoñer demanda contra Noruega por discriminar aos mariñeiros galegos no recoñecemento dos seus dereitos, ao non haber “xustificación obxectiva e razoábel” para a vulneración da prohibición de discriminación por nacionalidade na que incorreu Noruega.
Pouco antes, en febreiro, as deputadas do BNG no Congreso presentaran unha proposición non de lei. Esta proposición do BNG foi aprobada por unanimidade.

Moción Completa: Proposición en defensa das reclamacións dos mariñeiros galegos agrupados na asociacion Longhope.

Solicitudes do BNG

  • Esiximos explicacións pola devastación de árbores

  • Arrasar o noso patrimonio natural é algo que se vén producindo ultimamente nas obras nas obras que realiza ou manda realizar o Concello de Ribeira, mostrando unha total desconsideración pola riqueza natural que posuímos e non poñendo en marcha mecanismos que preserven as poucas zonas verdes urbanas coas que conta o municipio. Salgueiro Chorón cortado nas obras do río Ameneiro. BNG Ribera 

    No comezo das Casas Baratas cara a zona do río Ameneiro, houbo a corta dun salgueiro chorón que tiña unha considerábel envergadura e tamaño. Esta árbore non causaba molestia ningunha para a realización do paseo e amaño do lavadoiro do río Ameneiro, malia isto, cortouse sen miramentos. Este feito incomodou á veciñanza da zona que se puxo en contacto co BNG para saber os motivos que levaron a cortar este lonxevo salgueiro chorón.
    Aparcamento de Abesadas sen árbores. BNG Ribeira

    Outro dos casos rechamantes tamén foi a corta brutal de todas as árbores autóctonas que había na zona do aparcadoiro das Abesadas, que no canto de se facer unha planificación da zona de estacionamento intentando integrar a maior parte das árbores, decidiuse eliminar a súa totalidade.
    Finalmente tamén temos coñecemento de que había unhas árbores na praia de Río Azor que se cortaron hai uns meses, coas seguintes protestas dos veciños e veciñas de Palmeira.

    Solicitude Completa: Preguntamos pola devastación ambiental na obras municipais. 2015.

    • Pedimos que se acondicionen os baños de AGADEA

    • O Concello de Ribeira cedeu o local da Aula Multimedia, no baixo da Cofraría de Ribeira, a asociación AGADEA (Asociación Galega de Axuda dos Enfermos de Alzehimer) que dá asistencia psicolóxica e moral ós familiares dos enfermos de Alzheimer e outras demencias similares, así como asesoralos nas materias legais, sociolóxicas e económicas.

      Centro de Día precisaba, ante a crecente demanda, ampliar a oferta para os veciños e veciñas que están á espera de seren atendidos. Pasado o tempo comprobamos que non foi posíbel atender esta demanda porque os baños non están adaptados as súas necesidades. Cremos que é completamente intolerábel que o local que emprega a asociación careza duns baños adaptados ás necesidades dos usuarios/as. Comprobamos lamentabelmente, unha vez máis, como o goberno do Partido Popular é incapaz de satisfacer unha demanda moi necesaria para que este colectivo poida traballar e atender ás persoas usuarias con toda a comodidade e garantías.

      Solicitude completa: Acondicionar local AGADEA. 2015

      Outros temas tratados

      - Ordenanza Regulamento do Viveiro de Empresas. Aprobado por unanimidade.

      - Regulamento do Arquivo Municipal do Concello de Ribeira. Aprobado por unanimidade

      - Centro usos múltiples de Palmeira (Hesta Curva). Só facultar ao goberno local a buscar financiamento para facer proxectos alí. Votos a favor do BNG, PP, IPR, e contra de PSOE e C’s

      - Recuperación de oficio dun terreo de Aguiño. Un particular di ser propietario dun terreo que os documentos demostran que son municipais. Votos a favor de BNG, PP, IPR e abstención de C’s e PSOE

      - Investigación de oficio duns terreos de Corrubedo. Comprobación da titularidade do terreo no que está campo de fútbol de Teira que reclama unha empresa. Aprobado por unanimiadade

      - Actuacións de accesibilidade no cemiterio de Ribeira. Aprobado por unanimidade

      - Medidas para potenciarmos o turismo do municipio. Aprobado por unanimidade

      - Bonificación do ICIO á Xunta de Galiza para a rehabilitación da aldea de Sálvora. Aprobado por unanimidade

      - O pleno rematou no punto 17 da orde do día dos 23 totais que había para debater.

      Pleno Xaneiro: o PP impón as súas obras á veciñanza

      - Obras da estrada xeral de Aguiño (Francisco Lorenzo): esta obra está levantando certa polémica entre a veciñanza Aguiño. Obras. BNG Ribeirade Aguiño, xa que non conta co respaldo da xente do lugar nin tiveron oportunidade de participar do proxecto. Esta é a maneira de gobernar do PP, chegan e impoñen as reformas e obras sen contar coa participación veciñal. As obras van a Rúa Lagarto até a rúa Carreiro e supón cambios de direccións e pasos elevados. En palabras de Manuel Ruíz a obra “irase facendo e xa despois se verá sobre a marcha o da dirección e as demais cousas”. As obras faranse despois das eleccións o que nos leva a pensar que o alcalde quere un cheque en branco e prometerá unha cousa para logo incumprir promesas e facer o que lle praza despois das eleccións se sae elixido como xa ten ocorrido.

      O obxecto e descrición das obras di textualmente: “mellorar a seguridade viaria da zona conferíndolle á vía o carácter urbano que ten. Por isto, no proxecto contémplase a implantación dun único sentido de circulación cun carril de 4m e unha banda de aparcamentos en liña de 2,50 m.

      A postura do BNG é a seguinte; os cartos da deputación non deben rexeitarse nin deixarse perder (464.877€) pero a veciñanza debe ser copartícipe dos proxectos e obras que se realizan, nunca ser impostas á forza. Un goberno do BNG primeiro reuniríase cos veciños e veciñas para avaliar as necesidades e, en base a elas, realizar un proxecto que poida ser de todos e todas.
      Desde o BNG pensamos que o Concello e a veciñanza afectada deben chegar a un acordo, ambas partes deben ceder e ver vantaxes e desvantaxes. Para iso é necesario participación, cousa que o PP nunca quere nin fai. Votos a favor do PP e IPR, abstención do BNG e PSOE e contra dun concelleiro do PP.

      - Moción esixindo melloras no Hospital da Barbanza: o voceiro Xosé Vázquez Cobas, defendeu a necesidade de partidas Hospital Barbanza. BNG Ribeiraorzamentarias para ampliar o servizo de urxencias que se atopa colapsado ou o laboratorio no que apenas se posúe espazo físico para traballar. Cobas criticou o electoralismo e a propaganda do PP que só fai política de foto para anunciar obras que non se ven por ningún lado. Así mesmo, denunciou que o Hospital está quedando pequeno e por riba é o único de Galiza que non ten celadores/as ou que leva anos sen partidas orzamentarias (só lle dan 20.000€ para mantemento). Votos a favor do BNG, PSOE e IPR e votos en contra do PP.

      Moción completa: Moción Hospital da Barbanza

      - Moción sobre tarifa eléctrica galega: defendida polo compañeiro Xosé Antón Parada, pretendía solicitar que a administraciónTarifa Eléctrica Galega BNG RIbeira local instase á Xunta a crear unha tarifa eléctrica diferenciada co fin de abaratarmos o custo enerxético. Isto beneficiaría a centos de persoas que padecen unha precaria situación económica e a aquelas que non poden quentar os seus fogares no inverno, mais tamén beneficiaría ás empresas radicadas no noso País que serían máis competitivas.
      Malia Galiza ser un país exportador de electriciade, mentres as eléctricas gañan milleiros de millóns de € xerando electricidade no noso País ocasionando problemas ambientais, non obtemos ningún beneficio pois tributan fóra en Madrid. Contou cos votos a favor do BNG, PSOE e IPR e os votos en contra do PP.

      Moción completa: Moción tarifa eléctrica galega. BNG Ribeira

      - Moción sobre a comercialización de proximidade: o texto defendido por Luís Pérez Barral, busca propiciar medidas que fomenten os produtos galegos de horta, a silvicultura, o agro, feiras, ecolóxicos, mercadiños, etc para contribuír a xerar emprego local. Solicitouse a creación dun selo que dignifique o produto e o faga coñecido e, por último, que as administracións públicas merquen produtos galegos para comedores escolares, hospitais, etc  producindo riqueza e emprego aquí. Tamén se solicitou a súa futura incorporación ao novo mercado municipal. Aprobada por unanimidade.

      Moción CompletaMoción decreto venda directa, comercio local e etiquetaxe

      - Ordenanza e estacionamento de caravanas en Ribeira e Aguiño: a normativa pretende ordenar o seu estacionamento. Desde o BNG esiximos que esta normativa conte co visto bo do sector dos campings que poden verse afectados. Tamén criticamos que o proxecto é moi pouco ambicioso pois ten un custo de 10.343€ para só 5 prazas. Outra das eivas contempladas e expostas foi que non se contempla ningunha praza para zonas como Corrubedo ou Palmeira nas que hai presenza destes vehículos. O máximo temporal de estacionamento será de 72 horas.

      - Gastos varios por valor de 344.664€:
      - Amortización dunha débeda con ABANCA: 145.172,66€
      - Pavimentación do camiño da Auga e outros en Castiñeiras 55.000€
      - Pavimentación Rúa Falcato e contorna en Corrubedo 50.000€
      - Pavimentación estrada Carballal, Rúa Bouciña en Palmeira: 63.000€
      - Renovación de beirarrúas nun tramo da Avenida de Ferrol 31.491,71€

      Solicitudes relativas á modificación sobre a adhesión de SOGAMA e sobre promoción do Día de Rosalía de Castro