Arquivo da categoría: Iniciativas levadas aos Parlamentos

O BNG esixirá no Parlamento mellorar a conexión de internet para o IES Leliadoura

O IES Leliadoura de Ribeira conta na actualidade cunha conexión a Internet fornecida a través dun Radioenlace alimentado por un centro alleo ao instituto que ocasiona graves prexuízos ao alumnado e ao profesorado do centro. E é que, este mecanismo, malia mellorar a precaria conexión existente con anterioridade, non evita os cortes constantes na rede que se prolongaron durante varios días en diversas ocasións. Neste senso, malia que no Concello de Ribeira se está a levar a cabo a instalación de fibra óptica dentro do contrato Escolas Conectadas de Galiza de Red.es, non se prevé a chegada desta conexión ao Leiladoura malia que nel se imparten, entre outros, o ciclo de Informática e de Administración, para alén de contar coa maior parte dos módulos de ESO e Bacharelato incluídos no Proxecto Abalar. Desde o claustro do profesorado, o alumnado e a ANPA veñen reclamando melloras na conexión a Internet que suporía ampliar a cobertura de fibra apenas 300 metros a respeito das previsións actuais.

En base a este problema, a deputada nacionalista Olalla Rodil tras coñecer os problemas que está a ocasionar os cortes e a baixa velocidade da conexión á internet deste centro preguntaralle ao goberno da Xunta de Galiza:

A) Vai instalarse fibra óptica no IES Leliladoura de Ribeira?
B) De non ser así, por que razón non se conectará o centro á fibra óptica?
C) Prevé a Xunta mellorar a conexión á rede do centro dalgunha outra maneira para garantir unha cobertura acaída ás necesidades docentes e do alumnado?
D) Cantos centros de ensino melloraron a súa conexión a Internet no marco do contrato Escolas Conectadas de Galicia de Red.es? Cantos abranguerá este

Finalmente a deputada do BNG pedirá que o Parlamento Galego inste a Xunta de Galiza a desenvolver as medidas necesarias para conectar o IES Leliladoura de Ribeira á fibra óptica no marco do contrado Escolas Conectadas de Galiza de Red.es.

O BNG xúntase co sector do mar para tratar os problemas da frota pesqueira e o debater o modelo de xestión da lonxa

Este xoves o Bloque Nacionalista Galego mantivo varias reunións con comercializadores dos nosos produtos do mar e coa cooperativa de armadores para falar dos graves problemas que lles afectan, así como analizar as dificultades que padece a nosa frota pesqueira e os profesionais que viven do mar.

Nas diversas xuntanzas estiveron presentes o deputado no Parlamento de Galiza Daniel Rodas Chapela e os concelleiros ribeirenses Luís Pérez Barral e Xosé Antón Parada.O concelleiro Luís Pérez Barral e o deputado do BNG Daniel Rodas na reunión coa cooperativa de armadores de Ribeira.

Na xuntanza cos comercializadores analizamos a situación deste importante sector que dá traballo a miles persoas no noso país e os problemas de comercialización que están a ter por mor da política pesqueira que desenvolve a Unión Europea. Nesta xuntanza aproveitamos para analizar a realidade que vive do cerco en Galiza e o futuro da lonxa de Ribeira e as posíbeis solucións.

Xa pola tarde na xuntanza coa cooperativa de armadores, o deputado Daniel Rodas coñeceu mellor e por man dos profesionais, os problemas que lles está a ocasionar o nefasto acordo pesqueiro con Portugal á nosa frota do arrastre. Dito acordo é discriminatorio para a frota galega xa que os pesqueiros portugueses poden traballar durante as fins de semana, mentres que os galegos permanecen amarrados facendo que os días de venda máis importantes (venres e luns) o peixe dos barcos portugueses inunde os mercados.

Este acordo pesqueiro está a piques de rematar, é por iso polo que o goberno galego e do Estado español deben pelexar por facer un novo acordo non discriminatorio para Galiza e que iguale os dereitos das frotas galega e portuguesa, obrigando a ter os mesmos dereitos e condicións de traballo.

Así mesmo debemos rematar coa política de subvencións ao despece de barcos (30 millóns de € en 2015)que tanto gosta de financiar a Xunta de Galiza e o Estado español para mudar por apostar por un modelo produtivo sustentable que permita traballar dignamente.

O concelleiro Luís Pérez Barral e o deputado do BNG Daniel Rodas na reunión coa cooperativa de armadores de Ribeira.No tocante á frota do cerco, para o BNG o problema de enfrontamento entre profesionais vén dado polo interese político do PP que non está polo labor de procurar solucións. Este problema de país hai que afrontalo conxuntamente reclamando máis cota para Galiza e con outro modelo de xestión que garanta a viabilidade do sector e os postos de traballo.

Con respecto á nova lonxa de Ribeira, o BNG ve incríbel que tras gastar 17 millóns de euros nesa infraestrutura non haxa un modelo de xestión claro e que Portos de Galiza non saiba que facer. Desde o BNG propoñemos un modelo de xestión mixto da administración pública xunto sector do mar (comercializadoras, confrarías, armadores, etc). Cremos que é imprescindíbel a implicación e participación do sector para que se garanta unha administración que beneficie aos profesionais que viven do mar e que supoña melloras para a comercialización.

Sobre esta cuestión a próxima semana o parlamentario Daniel Rodas preguntaralle en sesión plenaria, ao presidente de Portos de Galiza por que modelo vai apostar na lonxa de Ribeira.

O BNG traballa para que o sector do mar, Concello e Xunta senten para falar sobre o futuro da lonxa de Ribeira

O deputado no Parlamento de Galiza Daniel Rodas compareceu hoxe acompañado dos concelleiros do BNG Xosé Antonio Vázquez Cobas e Luís Pérez Barral así como da vice-responsable local do BNG Elvira Blanco Pérez.Xaquín Maño, Xosé Vázquez Cobas, Daniel Rodas, Elvira Blanco e Luís Pérez.Lonxa de Ribeira. BNG.

Tras finalizar o prazo para a concesión da Lonxa de Ribeira quedando baleiro, hai un debate na sociedade ribeirense de que se vai facer coa obra.
O BNG aposta por un ente xestor e o deputado Daniel Rodas, presentará unha iniciativa no Parlamento galego.

Esta é unha obra importantísima para Ribeira e o conxunto do país, onde Portos de Galiza leva investidos 15 millóns de euros deixando outras obras sen levar a cabo. Isto escenifica o modelo clientelar do Partido Popular, sacando fondos dun lado para metelos noutro por intereses partidistas cando falla o máis elemental, que é que ninguén quere facerse cargo desta moderna lonxa.Lonxa de Ribeira. BNG. Imaxe Lesmes

Ante este disparate, desde o BNG queremos poñer sentido común traballando no Concello e no Parlamento de Galiza, propoñemos que Concello de Ribeira, Xunta de Galiza e sector do mar senten a falar para chegar a un acordo sobre a xestión desta lonxa, para que entre todos facer unha xestión transparente, moderna.

O BNG aposta por que o propio sector sexa quen leve a xestión desta instalación podendo contar con participación da Xunta e do Concello. Isto non é raro en Galiza xa que outros portos con menor capacidade de capturas que o ribeirense teñen dado mostras de que o propio sector fai unha xestión brillante exercendo de verdadeiro protagonista. Fagamos ese exercicio de reflexión e compromiso dándolle unha solución aos traballadores/as deste porto.

O sector non se interesa porque o modelo que impón o PP obriga ao sector a facer unha actividade irregular, e polo tanto é reaccionario a meterse nun lío tremendo, mais isto debe mudar. Queremos que se poñan as cartas en riba da mesa para ver a realidade da comercialización da pesca de baixura e de litoral, porque isto vai mudar e condicionar o modelo comercial de Galiza e da Barbanza para os próximos 25 anos. Deixemos de enganar e de pór parches para, dunha vez por todas, consolidar un proxecto para a pesca e para o Concello de Ribeira que depende amplamente desta actividade.

O BNG pide sensatez para non facer 2 polígonos industriais diferentes a 200 metros de distancia

Plan A: Executar por fases  o polígono industrial da Barbanza ampliable até os 900.000m², con todos os servizos e equipamentos

A deputada no Parlamento galego Ana Pontón estivo en Ribeira acompañada cos voceiros do BNG deA deputada Ana Pontón, cos concelleiros Xosé Antonio Vázquez Cobas do BNG Ribeira e Ramiro Ouviña do BNG Pobra. Polígono Barbanza. BNG Ribeira e da Pobra Xosé Antonio Vázquez Cobas e Ramiro Ouviña respectivamente, para esixir responsabilidade aos gobernantes da Xunta de Galiza e do Concello de Ribeira ante o que cualifican como insensatez querer facer 2 polígonos industriais diferentes a tan só 200 metros de separación.

O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galiza feito pola Xunta, ten unha vixencia até 2024 e na comarca da Barbanza só planifica o polígono comarcal entre os concellos de Ribeira e da Pobra do Caramiñal. Este proxecto contempla un polígono industrial ampliable até os 900.000m², con todos os servizos e equipamentos (depuración, electricidade, auga, conexión á internet, gardería, aparcamentos, etc).
Este polígono xa ten varios trámites feitos polo que sería máis áxil e sinxela a súa creación.ordenacionpoligono1.jpg

Plan B: ampliar o de polígono industrial de Xarás ao longo da autovía

Para o BNG a mellor opción é a concentración das áreas industriais e non a súa diseminación polo territorio, polo que pensamos que o polígono comarcal é a mellor aposta para a economía da zona, mais se isto non for posible nun prazo razoable de tempo, un plan B sería  ampliar o de polígono industrial de Xarás ao longo da autovía. Isto aumentaría o potencial deste polígono e crearía sinerxias entre as empresas alí asentadas. Esta proposta do BNG ofrece 420.000 fronte os 100.000 que Polígono Industrial Ribeira. BNG.ofrece o PP na zona da Cañoteira e con moito menos impacto paisaxístico, está directacmente conectado ca autovíacon todos os servizos e coas canalizacións de residuos, conexión á internet, auga, etc. ao igual que o comarcal.

A proposta do PP nada fala de como se van depurar os residuos das industrias que alí habería (a meirade parte de transformado de peixe) e tampouco se fala dos posibles cheiros.

Hai uns meses propoñíase a zona da Carballa, agora proponse a zona da Cañoteira o que evidencia que o PP ribeirense ten unha política errática de improvisación que xera inseguridade nos posibles investidores e no sector empresarial.

Desde o BNG cremos que o polígono industrial é un tema estratéxico para crearmos emprego pero non podemos crealo destruíndo a paisaxe, contaminando e sen servizos como pretende o PP.

Datos polígono comarcal da Barbanza: Ordenación e datos do Polígono Industrial Barbanza

O traballo da veciñanza e do BNG tivo recompensa en Castiñeiras pero… hai algo máis?

No ano 2008 o deputado do BNG no Congreso Francisco Jorquera Caselas presentou unha iniciativa para que costas expropiase os terreos de ConservasFábrica Castiñeiras Conserva Ribeira. BNG Castiñeiras e pasasen a propiedade pública para evitarmos a especulación urbanística e garantir o uso e goce de toda a veciñanza.

Con anterioridade, en abril do mesmo ano 2008, o Grupo Municipal do BNG de Ribeira presentara unha moción no concello na que pedía que o goberno municipal realizara as xestións necesarias para que o lugar no que se sitúa a fábrica pasase a patrimonio público. Mesmo chegamos a denunciar a demolición irregular da instalación que contiña amianto e substancias prexudiciais para a saúde.

A finalidade de ambas iniciativas era que se fixera unha área de lecer para toda a veciñanza nos 14.200 m2.

Agora e tralas reiteradas demandas da veciñanza e do BNG a zona está en obras e no camiño quedaron os 7 millóns de € do erario público que recibiu a Fábrica de Castiñeiras. A obra saíu a licitación en 891.458€ para facer un área de ocio e lecer pero finalmente foi adxudicada por 505.901€.

HAI ALGO MÁIS?

Aínda que hoxe a paraxe non ten protección, se nos guiamos pola toponimia, esta parece indicar que alguna vez houbo algo e que as diversas explanacións para as fabricas puideron estrágalo, varrelo e eliminalo. Primeiro a de salgadura da que se conservan algunhas paredes de pedra e despois, no cumio, a da conserva.

Fabrica Castiñeiras Conserva Ribeira. BNG

Sabemos que os colonizadores romanos chamaron CASTRUM “castro cidade alta e fortificada” aos poboados dos indíxenas. Na praia do Castro é onde estaría o poboado de habelo, sen lugar a dúbida, onde se atopaba a fábrica.Fabrica Castiñeiras Conserva Ribeira. BNG

 

E porque non se fixeron unha exploracións e unhas escavacións arqueolóxicas antes de explanar para facer as fábricas? A resposta que a poña cadaquén mais imaxinades como sería Castiñeiras hoxe se houbese un castro aí? As grandes potencialidades que tería a zona?

Ogallá aprendamos a lección e coidemos e poñamos en valor o noso patrimonio! Pola nosa parte seguimos na actulaidade vixiantes asesorados por especialists na mateira e esta semana os concelleiros do BNG visitamos o avance das obras por se hai algo máis ou fica sen danar algún resto arqueolóxico para poñelo en valor.

P.D. Por unanimidade da corporación municipal vaise a contratar un arqueólogo para facer un seguimento das obras.