O BNG recrimina a inoperancia do concello por non ter os sumidoiros limpos

Un ano máis, desde o Bloque Nacionalista Galego debemos recriminar o desleixo do goberno municipal á hora de manter en perfectas condicións a rede de sumidoiros para a chegada das chuvias. Existen numerosos rexistros e sumidoiros completamente atoados desde hai moito tempo sen que o goberno lle dese solución. No período estival esta circunstancia non supón maior problema pola ausencia de precipitacións, mais coa chegada do outono, do inverno e das chuvias faise necesario que esta rede estea en boas condicións de limpeza para evitar escorrentías e asolagamentos.

O concelleiro Luís Pérez Barral argumenta que “as chuvias rexistradas estes días xa deixaron ver pequenos asolagamentos, desbordes e escorrentías de augas baixando por diversas rúas do centro urbano e das parroquias“. Esta situación é acontece todos os anos e é motivada pola falta de planificación e pola incapacidade do goberno municipal en manter correctamente a rede de saneamento. Desde o BNG anunciamos que non podemos consentir a desidia do equipo de goberno e pregúntanse se esta situación pode afectar á estación de depuración de augas residuais (EDAR).

Por todo isto o BNG solicita que se proceda a revisar e limpar a rede de sumidoiros do Concello de Ribeira para que estea en perfectas condicións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *