O BNG condena as declaracións machistas de IPR

Durante o pasado pleno municipal celebrado o 27 de novembro a voceira de Iniciativa Progresista de Ribeira (IPR) Rosa García Pose, fixo unhas declaracións machistas durante o debate de dúas mocións do BNG. A primeira delas pronunciouna na discusión xurdida a raíz dunha proposta nacionalista sobre a involución democrática do Estado español, nomeadamente en Catalunya. A voceira de IPR asegurou que “a Garda Civil non lle tocou as tetas a unha muller por desgraza para ela”. Na segunda declaración dixo que rexeitaba o termo feminista “porque sería provocar violencia feminista cara aos homes”. Foi a raíz dunha moción do Bloque sobre o 25 de novembro e as medidas para loitar contra a violencia machista.

O BNG quere expresar as seguintes consideracións:

  • Para o Bloque Nacionalista Galego a violencia machista é un problema gravisimo e os representantes públicos teñen que ser exemplo e espello no que se poida mirar a cidadania. É intolerábel este tipo de declaracións machistas por parte da voceira de IPR, mais tamén o son as risas que provocaron na bancada do Partido Popular.

  • Entendemos que Rosa García como voceira de IPR debe rectificar e pedir desculpas á sociedade por estas verbas que nada axudan a loitar contra a violencia machista. Cremos que se García Pose non rectifica, debería dimitir, pois declaracións e ideas como as vertidas non collen nas institucións públicas e son intolerábeis, sobre todo de persoas que teñen un posto de representatividade pública.

  • Por último, o BNG como organización política feminista, que traballa para rematar coas discriminacións e coa violencia machista, conformada por persoas comprometidas coa igualdade entre mulleres e homes, damos o noso apoio ás asociacións e colectivos feministas, as súas reivindicacións e peticións.

  • Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *