O BNG esixe solucións inmediatas ante unha nova vertedura no río Listres

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira foi alertado este domingo 15 de outubro pola veciñanza dos Areeiros ao se producir unha nova vertedura de augas residuais no río Listres. O aliviadoiro do tanque de tormenta de Areeiros estaba a producir unha vertedura moi grande no río, feito especialmente grave, pois o río atopábase completamente contaminado e tinguido dunha auga negra e fedorenta.

Esta vertedura causou grande estupor por estarmos atravesando un período de seca na que non se rexistran desde hai meses, resulta moi estraño que se produza a vertedura do tanque de tormentas, cando na teoría só debe aliviar en casos de copiosas 
Cómpre dicir que Augas de Galiza mandou unha traballadora recoller unha mostra da vertedura que se estaba a producir, nese intre atopábanse presentes membros do BNG e veciñanza da zona.

Desde o Bloque somos críticos coa actuación do goberno municipal pola súa pasividade e ante este problema que se sucede desde hai máis dun ano. O concelleiro Luís Pérez Barral declarou que “entendemos que o Concello de Ribeira debería liderar un compromiso de procurar solucións definitivas e no menor tempo posíbel, mais vemos como o goberno local restrinxe a súa actividade a notificar malamente o que se fai cada 3 meses nunha comisión, está desaparecido en combate”.

Entendemos tamén desde o BNG, que o goberno municipal e ACUAES non están realizando un bo labor de comunicación, pois a veciñanza atópase desinformada do que se está a realizar. Mesmo a nosa organización política ten solicitado diversa documentación e información que a día de hoxe non se nos entregou. Pérez Barral concluíu que “non pode ser que teñamos un goberno que pasa de todo sen importarlle o sufrimento da veciñanza e a contaminación que se está a producir

É por iso polo que en nome do BNG solicita do goberno municipal a seguinte documentación e información:

A) Que o Concello de Ribeira solicite a Augas de Galiza o informe da análise das augas residuais que se estaban a verter o 15/10/17 e proceda a nos facilitar unha copia.
B) Que valoración fai o goberno municipal do acontecido? Pensa tomar algunha medida adicional para esixir solucións definitivas e ser a propia admin. local a que fiscalice e controle o funcionamento da EDAR?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *