A asemblea do BNG Ribeira renova a Elvira Blanco como responsábel local

A asemblea do Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de celebrar unha xuntanza na que se escolleron as persoas integrantes para renovar o Consello Local, que estará composto por persoas cunha longa experiencia social e política. A responsábel local seguirá sendo a membro de Galiza Nova e do BNG, Elvira Blanco.

A asemblea decidiu reforzar dúas áreas fundamentais para o Bloque como como son organización e acción social. A motivación desta medida é a de mellorar o traballo social que realiza o BNG da man de colectivos socias, veciñais e persoas simpatizantes e, por outra banda, reforzar a área organizativa do BNG no municipio co fin de axilizar e coordinar o traballo que se desenvolve.

Somos persoas ao servizo das persoas. O BNG ao servizo do pobo.

O Consello Local queda conformado por:

- Responsábel local do BNG, Elvira Blanco
- Responsábeis de organización, Silvia Varela e Teresa Prol
- Responsábel de política municipal, Xosé Vázquez
- Responsábel de mar, Pilar Sampedro
- Responsábel de comunicación e mocidade, Luís Pérez
- Responsábel de igualdade e diversidade, María Gutierrez
- Responsábel de asociacionismo e ecoloxismo, Vicente Paz
- Responsábeis de acción social, Cruz Rivadulla e Teresa Prol
- Responsábel de finanzas e de ensino, Antón Parada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *