Aprobadas as melloras para o Centro Social de Oleiros solicitadas pola asoc. veciñal e o BNG

Resumo dos temas tratados no pleno de marzo de 2017:
Moción do BNG para que se realicen melloras no Centro Social de Oleiros e se ceda un local á asociación de veciñas e veciños:
o concelleiro Xosé Vázquez Cobas presentou dúas iniciativas onde se detallan as deficiencias tales como a iluminación insuficiente do interior e do exterior, carencia de mobiliario, acumulación de auga na praza exterior ou a falta de vixilancia.
A pesar de ser un edificio premiado polo Colexio Oficial de Arquitectura de Galiza (COAG) na modalidade mellor equipamento público 2014/2015.
Do mesmo xeito Cobas expuxo a necesidade de que a asociación veciñal Dolmen de Axeitos conte cun espazo neste edificio para realizar a programación e organización de actividades e que tan bo labor están a facer para dinamizar este parroquia ribeirense.
Esta iniciativa xorde a raíz dunha xuntanza entre o BNG e a veciñanza de Oleiros e a asociación Dolmen de Axeitos.

Esta proposta foi aprobada por unanimidade. [Proposta melloras centro social ] [Proposta Cesión]

Moción do BNG para mellorar o financiamento de Galiza e dos concellos: o concelleiro Luís Pérez Barral defendeu unha proposta para que o Concello de Ribeira apoiase a demanda dun concerto económico para Galiza pois, suporía que o noso país pasase a ter uns 3.500 millóns de euros máis para financiar os servizos públicos fundamentais (sanidade, ensino e dependencia).

Na actualidade o Estado discrimina a Galiza e os seus concellos pois cada concellos galego recibe de media 50€ menos por habitante e ano que un concello español. Neste sentido, hai estudos económicos que demostran como o Estado recada uns 11.131 millóns de euros en Galiza para logo só investir uns 7.034 millóns de euros.
Malia os argumentos dados como que na actualidade o Estado non cede nada do imposto de sociedades e tan só cede o 50% do IRPF, o 50% do IVE e o 58% dos impostos especiais, os restantes grupos da Corporación Municipal non votaron favorabelmente rexeitando a proposta do BNG.

[Proposta completa]

Outros asuntos:

- Moción conxunta de toda a Corporación Municipal para demandar que se abra a Farmacia de Oleiros. Aprobado por unanimidade [Proposta completa]
- Solicitude do BNG para retirar un poste da beirarrúa que une o IES Leliadoura coa capela de San Roque. [Proposta completa]
- Solicitude do BNG para habilitar un paso no río Artes co fin de que poidan pasar os tractores cara ambas marxes do río. [Proposta completa]
- Aprobar o expediente para declarar o Arquipélago de Sálvora como Ben de Interese Cultural (BIC) co fin de protexer o entorno. Aprobado por unanimidade.
- Aprobar o expediente para declarar a antiga reitoral de Artes como Ben de Interese Cultural (BIC). Aprobado cos votos a favor do BNG, PP e PSOE, abstencións de IPR, C’s e 3 edís non adscritas/os
- Incorporación do Concello de Ribeira ao padroado do Museo do Pobo Galego. Aprobado por unanimidade.
- Incorporación do Concello de Ribeira ao padroado da Fundación Galega contra o Narcotráfico. Aprobado por unanimidade.
- Modificación do uso dunha parcela situada no Touro para a futura Comisaría de Policía de Ribeira. Aprobado por unanimidade.
- Adhesión ao convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a implantación da historia social única coa que mellorar a información, transmisión e interrelación dos documentos entre as entidades locais. Aprobado por unanimidade.
- Melloras de saneamento no lugar Pedra do Pino en Corrubedo. Aprobado por unanimidade.

One Comment on “Aprobadas as melloras para o Centro Social de Oleiros solicitadas pola asoc. veciñal e o BNG”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *