O BNG escoita a veciñanza de Carreira

O BNG prosegue coa campaña de participación veciñal Parroquias con Voz, onde o grupo municipal nacionalista visita as parroquias para escoitar e recoller as demandas da veciñanza. Estas demandas serán trasladadas ao Concello de Ribeira para que sexan incorporadas ao Orzamento de 2017. Deste xeito a veciñanza vai poder condicionar parte dese Orzamento e protagonista na toma de decisións políticas. Esta semana os o BNG estivo na parroquia de Carreira.

4ª asemblea, Carreira

O grupo de veciñas e veciños de Carreira que se achegaron á xuntanza trasladáronlle aos concelleiros nacionalistas, problemas relativos ao servizo de limpeza como a falta de lavado dos recipientes ou a pouca frecuencia coa que pasan a recoller os residuos voluminosos. Falouse da falta de previsión da rede de sumidoiros no inverno para evitar desbordamentos (a pesar de que o pediu o BNG no mes de outubro).
Houbo alusións ao escaso mantemento nas estradas da parroquia, a veciñanza acusou ao goberno local de ter esquecidas zonas como a do Castro, Vilar ou Carreiriña.
Relativo a problemas sociais, criticouse a escaseza de prazas na residencia de maiores e no centro de atención do Alzhéimer e desde o BNG informouse de que se presentou unha inciativa no Parlamento de Galiza para solicitar o aumento do centro de Alzhéimer.

Finalmente a veciñanza sentiuse agradecida por esta acción que o BNG está a desenvolver por todas as parroquias xa que, segundo dixeron, “sodes os únicos que até agora fixestes isto cando normalmente é ao revés, temos que ir nós xunto os políticos, parabéns pola iniciativa“. Os membros do Bloque agradeceron profundamente a asistencia e as palabras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *