O Concello de Ribeira por fin terá Inventario Municipal de Bens

Resumo do pleno extraordinario celebrado o 21 decembro do 2016.

- Aprobación inicial do inventario de bens municipais: o Concello de Ribeira vén de aprobar, de maneira inicial, o seu inventario de bens. A lexislación vixente obriga a que os concellos están obrigados a formar un inventario con todos os bens con suficiente detalle para que poidan ser identificados os seus usos e a que están dedicados, xa que logo, todo o patromonio de titularidade muncipal deberá estar recollido neste documento que pode revisarse en calquera momento para incluír aqueles bens que ficaran fóra desta primeira recollida. En palabras do voceiro nacionalista Xosé Vázquez Cobas, “semella incríbel que o Concello de Ribeira non teña inventario cando as normas legais obrigan a telo desde 1986”
O inventario de bens pódese consultar na web do Concello de Ribeira (www.ribeira.gal) e na propia casa consistorial. 
Aprobado cos votos a favor de PP, BNG, PSOE, IPR, 3 edís non adscritas/os e o voto en contra de C’s

Aceptación dun hórreo efectuada por Suministros Outeiro SL: o Concello de Ribeira vén de aceptar a aceptación dun hórreo doado por José Cruxeiras Sampedro que será trasladado a un lugar público do municipio, concretamente na parroquia de Aguiño. 
Aprobado por unanimidade

- Recuperación de terreos municipais no lugar de Gude en Artes: a Corporación Municipal de Ribeira aprobou que o goberno municipal inicie a recuperación dun terreo municipal de 238m² que unha veciña deberá realizar os traballos necesarios para restaurar o terreo ao estado primitivo no que se atopaba, para o cal terá un mes. De non realizarse o Concello de Ribeira efectuará os traballos para logo pasarlle factura. 
Aprobado por unanimidade.

- Revisión do contrato de xestión do servizo público de abastecemento de auga potábel e saneamento: o contrato asinado con Viaqua rexe que pode haber unha revisión anual do prezo que debe que pagar o Concello de Ribeira polo abastecemento de auga e saneamento. No ano 2017 o Concello de Ribeira (non as veciñas e veciños) pagará menos pola prestación deste servizo privatizado en 2010, cando o PP tiña maioría absoluta. A causa desta baixada non é outra que por mor de que o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) foi negativo. 
Desde o BNG non estamos de acordo coa privatización do servizo nin os pregos abusivos do contrato no que a empresa sempre ten as de gañar fronte ao interese xeral público. Este ano é inusual esta pequena baixada mais durante os últimos anos houbo subas importantes en plena crise económica. Malia todo, o motivo da nosa abstención radica en que se non se aproba a revisión a empresa podería levar ao Concello ante a Xustiza por incumprimento e teríamos que pagar os custes do proceso xudicial, pagar a contía e os intereses.
Aprobado cos votos a favor do PP, PSOE, IPR, C’s, 3 edís e abstención do BNG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *