O BNG solicita a limpeza do complexo deportivo da Fieiteira

Veciños e veciñas de Ribeira, usuarias e usuarios habituais do Complexo Deportivo da Fieiteira, téñense posto en contacto co Bloque Nacionalista Galego para expresar o malestar que existe ante a falta de limpeza nos vestiarios desta instalación deportiva de titularidade municipal.

O Complexo Deportivo da Fieiteira é o de maior tamaño do termo municipal, polo que recibe unha gran afluencia de xente, tanto persoas que acoden a practicar deporte como de persoas que acoden a ver as probas deportivas que nestas instalacións se desenvolven. Isto fai que sexa necesario ter en perfectas condicións de mantemento e hixiene as instalacións e, nomeadamente, os vestiarios que empregan as usuarias e usuarios que acoden a practicar deporte ou a realizar as probas deportivas, competicións, campionatos e partidos, etc que habitualmente se desenvolven.

Entendemos que é labor do Concello de Ribeira vixiar, garantir e sancionar – de incumprir as condicións – que a empresa cumpra coas obrigas do contrato que ten pola prestación do servizo de limpeza.

Ante todo o exposto, o edil Luís Pérez, en nome do BNG vén de solicitarlle ao Concello de Ribeira que manteña en boas condicións de hixiene e mantemento o Complexo Deportivo da Fieiteira, nomeadamente, os vestiarios.

Unha reflexión sobre “O BNG solicita a limpeza do complexo deportivo da Fieiteira

  1. Pingback: Aprobadas as novas taxas do Mercado e os pregos para licitar novos postos | BNG Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *