Resumo pleno de xullo: Os festivos serán 24 de xullo e martes de entroido

Designación dos Festivos Locais para 2017: o goberno municipal de Ribeira pretendía aprobar como festivos locais o día de Santa Uxía no canto do martes de entroido como é habitual, algo que sen dúbida provocaría un grande prexuízo tanto no sentido económico como no social.

A proposta alternativa que presentamos conxuntamente o BNG e IPR é a de declararmos festividades locais o 24 de xullo, Día da Festa da Dorna e o martes de entroido. Os motivos desta escolla son evidentes; a Festa da Dorna é o maior festexo do municipio e cunha relevancia internacional, no que ademais de participar atrae a milleiros de persoas. Con respecto ao martes de entroido, debemos destacar que é unha data especial para moitas crianzas, pais e nais e unha multitude de asociacións e colectivos que celebran as murgas e participan do entroido dunha maneira moi relevante.
Ademais da grande participación social, é unha celebración consolidada desde hai 38 anos como un día de festexo na nosa vila, que conta cunha importacia a nivel comarcal e que provoca que centos de persoas da Barbanza se acheguen ata Ribeira durante as festas do entroido. A nivel económico o entroido supón unha oportunidade de traballo para as persoas que traballan na hostalaría ribeirense xa que achega unha boa parte da facturación anual.
Con respecto ao día de Santa Uxía, propoñemos que sexa honrada como patroa da cidade cos actos que se consideren necesarios no propio día, mais sen que sexa festivo. As festas populares e as orquestras poderían trasladarse á fin de semana, conseguindo así, un maior desfrute por parte dos veciños e veciñas.

Esta proposta, entendemos, tería máis aproveitamento social para a veciñanza que podería desfrutar moito máis as tres festas e tamén implicaría un maior rendemento para os cuantiosos investimentos que fai o concello nas distintas celebracións, o que provocaría un impacto positivo no comercio e hostalaría.

Verteduras na Insuela: a proposición presentada pola concelleira Pilar Sampedro. Nos días de chuvia, habituais noConcelleira nacionalista, Pilar Sampedro noso país, as aguas que se recollen da zona de Insuela van desembocar a través dunha tubaxe á praia do mesmo nome entre o peirao e a piscifactoría de rodaballos. A cantidade de agua que sae polo mencionado desaugadoiro está a producir corrementos contínuos de area que tapan a zona do banco marisqueiro chegando ata alturas de mais de medio metro, facendo que a extracción de moluscos se transforme nunha tarefa cada día mais ardua e dificultosa.

A acumulación neste punto de verteduras continuadas fai que haxa unha elevada mortaldade do marisco motivada polo exceso de agua doce, dado que é aí onde mais se concentra. Salientar asemade que incluso en días nos que non chove se observa algunhas veces que a agua segue a saír. Aprobada por unamidade.

Outros asuntos:
> Modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para incluír as obras da depuradora de Aguiño. Esta proposta tiña como obxecto incluír dentro do ordenamento de Ribeira todas as instalacións vinculadas coa depuración de resíduos. Votos a favor do PP, BNG, C’S e IPR, abstención do PSOE
> Recepción da 1ª fase do contrato mixto de subminstración e servizos de iluminación do Concello de Ribeira. Esta medida tivo como obxecto aceptar o cambio de luminarias feito pola empresa. O BNG, entre outros grupos, recriminou a eliminación dalgúns puntos de luz e a tardanza na súa restitución. Estase pensando en poder sancionar á empresa segundo os pregos do contrato por algúns incumprimentos. Aprobada por unanimidade.
> Informouse de que o Concello de Ribeira adheriuse ao programa para facilitar a ocupación de vivendas baleiras. O BNG reclamara esta acción no mes de maio.
> Solicitude do BNG para que se pavimente a beirarrúa e se mellore a seguridade viaria na zona de Iñeiras (Olveira).
> Solicitude do BNG para adecentar e poñer en valor a fonte da praia de Area Secada.
> Solicitude do BNG para que se eliminen os postes da rúa Francisco Lorenzo Mariño (Aguiño).
> Solicitude do BNG para que se realice un acceso ás leiras dunha parte do río Artes que quedaron illadas por mor das obras do paseo fluvial do Río Artes.
> Solicitude do BNG para instalar a placa co nome Praza da Dorna para dar cumprimento ao acordo plenario adoptado por unanimidade o 31 de maio de 2010.
> Solicitude do BNG para mellorar a distribución dalgúns postos do mercado municipal e para a revisión dos prezos de ocupación de postos.
> Proposta para mellorar un tramo da rúa Laxes, o parque infantil de Parte ao Río e unha pista en Vixán.
> Proposta para renovación da rede do saneamento na rúa Martín Códax. Aprobada por unanimidade.
> Proposta sobre a suposta usurpación dun camiño público en no tramo que vai entre a praia de Coroso e Riazor. Neste punto, ante a contradicións entre algúns documentos, o BNG reclamou máis documentación para poder tomar unha decisión con seguridade. A proposta foi rexeitada con 11 votos en contra de PP e IPR, 7 abstencións de BNG, C’s e 3 votos a favor do PSOE.
> Instalación e compra de desfibriladores externos automáticos (DESA) en complexos deportivos como o da Fieiteira. Aprobada por asentimento, non se vota por aceptación do propoñente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *