A veciñanza e BNG piden unha solución ao illamento das leiras do río Artes

A responsábel local Elvira Blanco e o voceiro do BNG Xosé Antonio Vázquez CobasCando se fixo o Sendeiro do Río Artes, os veciños e veciñas, con boa vontade, asinaron as expropiacións coa confianza de que a administración municipal cumpriría o seu compromiso de repoñer os pasos ás súas propiedades, dos que gozaban desde tempo inmemorial e dos que se servían para poder traballar as terras. Aínda hoxe están agardando, despois de reiteradas promesas do goberno local, a que eses pasos sexan habilitados. Tal é o caso da veciñanza cuxas propiedades foron illadas pola pista que se construíu con adoquíns nas que podemos ver como a altura da pista fai impracticábel o paso do río. 2016-05-23 10.24.37A solución proposta polos servizos técnicos do concello de facer unha ponte nos terreos públicos foi tantas veces reiterada e comprometida como esquecida mentres os veciños ven ano tras ano que non poden traballar as súas terras, aumentando as perdas e diminuíndo o valor das propiedades.

Salientar tamén que nalgunha propiedade as obras da pista aumentaron o risco de 2016-05-23 10.50.33accidente laboral coa maquinaria, tractor, etc. pola deficiente construción da cuneta ao non canalizar as augas con tubaxe soterrada como é o caso dos 30 m que desaugan no río.

Afectados negativamente son tamén as propietarias e propietarios de leiras a carón do muíño de Correa, cuxo paso foi deteriorado polas obras do paseo. Removéronse e retiráronse as lousas que permitían o paso da maquinaria o que produciu un corremento de terras e maior profundidade do regato, facendo impracticábel o paso.2016-05-23 10.51.34

Estas familias que con xenerosidade se desprenderon de parte das súas propiedades para facer unha obra que toda a veciñanza e visitantes de Ribeira puidésemos desfrutar, non poden ter como pago a imposibilidade acceder ás súas propiedades, non poder traballar as terras e sufrir perdas na súa economía e facenda. Ese non é o pago que merecen.
O grupo municipal do BNG de Ribeira vén de solicitarlle ao concello:

A) Que na maior brevidade se proceda á construción da ponte que reiteradamente se ten ofrecido como solución para repoñer o paso que sempre tiveron ata que se fixo o sendeiro.
B) Que o paso do muíño de Correa, que os veciños sempre mantiveron en bo estado e que foi estragado polas obras, sexa arranxado cunha solución adecuada e duradeira.
C) Que se canalicen as augas cunha tubaxe soterrada da propiedade que discorre paralela á pista de adoquíns xa que a solución que se adoptou é perigosa.
D) Que, se for preciso, se habilite unha partida no orzamento para a realización das obras mencionadas.


Vídeo da zona e declaracións:
 O BNG piden unha solución ao illamento das leiras do río Artes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *