PP e C’s imposibilitan a cesión dalgunha das 3000 vivendas baleiras para casos de emerxencia social

Cesión dalgunha das 3.000 vivendas baleiras para casos de extrema necesidade temporal: a proposta defendida polo concelleiro Xosé Antonio Vázquez Cobas, e rexeitada por PP e C’s, tiña como obxecto paliar as consecuencias máis dramáticas da emerxencia social da veciñanza do noso concello ou, sinxelamente de transeúntes, que poden verse abocados a situacións de necesidade extrema. A existencia da emerxencia habitacional temporal no noso concello pode ter diferentes facianas: a producida por desafiuzamentos, por maltrato e violencia machista, xente sen teito, etc.O BNG defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia social. Casas baleiras en Ribeira
paradoxo é que o noso concello foi un dos expoñentes do auxe construtivo de Galiza e agora mesmo hai unha cantidade considerábel de vivendas baleiras cuxos propietarios son as entidades financeiras, o Sareb e as empresas de construción. Cremos que é o momento oportuno para dotármonos, como concello, dunhas cantas vivendas (poden ser 2) para dar resposta a esas necesidades. Segundo o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas pódese facer ao abeiro da Ordenanza Reguladora das Medidas de Apoio ao Programa de Inclusión Social do Concello de Ribeira aprobada definitivamente no mes de febreiro, a cal di, no artigo 2 apartado 2.2.4, que “o concello promoverá accións encamiñadas a favorecer o acceso ao aluguer social con carácter temporal para aquelas unidades familiares que atravesen unha situación de extrema necesidade.

Por iso, o grupo municipal do BNG, solicitou do Pleno da Corporación Municipal que o goberno municipal emprenda as accións oportunas para que o Concello de Ribeira teña solucións habitacionais propias para emerxencia social temporal.
Proposta rexeitada cos votos en contra de PP e C’s. Votos a favor BNG, PSOE e IPR

As bonecas fican no museo, as artistas quedan fóra: a proposta defendida polo concelleiro Luís Pérez Barral para crear unha comisión para definir os usos do museo municipal de Ribeira tivo luces e sombras. No mes de xaneiro deste mesmo ano, o Bloque presentou unha proposición dirixida a crear unha nova sala polivalente de uso cultural, unha idea que pretendía revitalizar o uso e as visitas do Museo Municipal de Ribeira e incrementar o equipamento cultural do que dispoñen os e as nosas artistas.Grupo Municipal do BNG. Fonte: Marcos Creo. La Voz de Galicia
Trala sesión plenaria do 25 de xaneiro de 2016, o grupo municipal do Bloque pediu unha copia do convenio do depósito da colección das bonecas que se atopan no Museo Municipal. Despois dun mes no que o BNG esixiu o convenio atopando moitas trabas, o persoal municipal procurou dito convenio, mediante un traballo minucioso, ata descubrir que non existían documentos e só nos facilitaron recortes de periódico. Chegados a este punto, o secretario do Concello de Ribeira emite un certifiado no que expón que non existe un convenio entre o Concello de Ribeira e a propietaria da mostra, Magdalena Bringas.

O BNG intentou concertar unha reunión cos membros do goberno co fin de explorar unha solución consensuada e tras 2 meses negándose a recibirnos, vímonos obrigadas/os a volver a presentar a proposta.

A inexistencia dun convenio entre as partes para o depósito de tal colección, demostra a falta de rigorosidade do goberno do PP á fronte do concello, xa que o habitual nas institucións públicas é que se asinen uns documentos que estipulen as condicións e características dos depósitos que se realizan. Reiteramos que actualmente non existe convenio que rexa e/ou determine as condicións de uso, cesión e utilización de tal mostra de bonecas, polo que o goberno de Ribeira queda retractado e demóstrase como o alcalde e a concelleira de cultura mentiron na sesión plenaria a todos os grupos da Corporación Municipal e a toda a veciñanza da localidade cando aducían a que era “imposíbel que eles fixesen nada”.

Malia que a proposta foi presentada en positivo e con ánimo de chegar a consensos, mais a abstención de IPR e C’s facilitaron que o PP se negara a habilitar unha sala de exposición. As bonecas seguirán no Museo e as artistas quederán fóra imposibilitándolles polo momento o uso desta instalación.
O único aprobado foi o 3º para crear un grupo de traballo que estudará as posibilidades de uso que se lle pode dar ao espazo, posíbeis utilidades sería a dun edificio e a política museística do Concello de Ribeira.

Acordos propostos:
A) Trasladar a colección de traxe galego da colección de bonecas a un novo emprazamento que determine un grupo de traballo ao que asistan a propietaria da colección, e un representante de cada grupo municipal da Corporación Municipal.
B) Habilitar o segundo andar do Museo Municipal de Ribeira como sala de usos múltiples mentres non se determina o uso definitivo do edificio.
C) Crear un grupo de traballo entre os grupos políticos que integran a Corporación Municipal para estudar o uso e definición do edificio do Museo Municipal e da política museística do Concello de Ribeira.

As prospostas A e B foron rexeitadas, saíndo adiante só a proposta C.

- Outros temas:

- Aprobación inicial do regulamento de agasallos e obsequios (proposta do BNG): Aprobado por unanimidade.

Os veciños e veciñas do Concello de Ribeira deben ter nos seus cargos públicos e nas administracións públicas un espello de responsabilidade, austeridade e honestidade” segundo o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas. A creación dun rexistro público suporá mellorar a transparencia e a loita contra posíbeis casos de corrupción e existirá un maior control e transparencia sobre os posíbeis agasallos que reciban os concelleiros e concelleiras. Tamén se fará un inventario público do patrimonio municipal, contribuíndo a evitar “perdas” e roubos.

- Modificación do contratao de Residuos Sólidos Urbanos e de Limpeza Viaria. Votos a favor de PP, C’s e IPR, abstención de BNG e contra de PSOE

O BNG non quixo votar a favor deste punto porque non estamos de acordo con este modelo de recollida de lixo que ten como fin incinerar os residuos no canto de apostar polas tres R, reducir, reutilizar e reciclar. A alternativa que defende o BNG é a compostaxe e a reciclaxe como fai a planta de Lousame “Serra da Barbanza” que xera 10 veces máis postos de emprego e recicla moito máis que SOGAMA, que queima os resíduos e logo almacena os restos nun vertedoiro. A abstención vén motivada en que a realidade é que alguén ten que facerse cargo deste servizo, mais o Bloque seguirá defendendo que sexa público.

- Regulamento de funcionamento do Viveiro de Empresas. Aprobado por unanimidade
- Aprobación inicial do regulamento de taxis. Votos a favor de PP, BNG, PSOE, IPR e abst de C’s
- Aprobación inicial do regulamento de verteduras. Votos a favor de PP, BNG, PSOE, IPR e abt. De C’s
- Aprobación convenio Museo do Gravado de Artes. Aprobado por unanimidade
- Aprobación do convenio entre o concello e o clube de natación. Aprobado por unanimidade
- Licitación da concesión dos postos do Mercado Muncipal. Aprobado por unanimidade
O período de licitación será de 35 anos e terán uns gastos de 12€/m2 e un gasto de comunidade de 4,57€/m2.
- Aprobación do convenio de colaboración entre Concello de Ribeira e Federación de libreiras/os de Galiza para a realización da feira do libro no noso municipio. Aprobado por unanimidade.
- Nomeamento do Consello Escolar Municipal de Ribeira. Aprobado cos votos a favor de PP, BNG, C’s e IPR. Votos en contra de PSOE

Unha reflexión sobre “PP e C’s imposibilitan a cesión dalgunha das 3000 vivendas baleiras para casos de emerxencia social

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *