O BNG pide que o concello negocie a cesión dalgunha das case 3000 vivendas baleiras que hai en Ribeira para casos de emerxencia social

O concelleiro do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia socialUnha das consecuencias máis dramáticas da emerxencia social é que a veciñanza do noso concello ou, sinxelamente, transeúntes, poden verse abocados a situacións de necesidade extrema. A existencia da emerxencia habitacional temporal no noso concello pode ter diferentes facianas: a producida por desafiuzamentos, por maltrato e violencia machista, xente sen teito… O paradoxo é que somos un concello que foi un dos expoñentes do auxe construtivo de Galiza e agora mesmo hai unha cantidade considerábel de vivendas baleiras cuxos propietarios son as entidades financeiras, o Sareb ou as empresas de construción. Cremos que é o momento oportuno para dotármonos, como concello, dunhas cantas vivendas (poden ser 2) para dar resposta a esas necesidades. Segundo o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas pódese facer ao abeiro da Ordenanza Reguladora das Medidas de Apoio ao Programa de Inclusión Social do Concello de Ribeira aprobada definitivamente no mes de febreiro, a cal di, no artigo 2 apartado 2.2.4, que “o concello promoverá accións encamiñadas a favorecer o acceso ao aluguer social con carácter temporal para aquelas unidades familiares que atravesen unha situación de extrema necesidade.

Por iso, o grupo municipal do BNG de Ribeira, solicita do Pleno da Corporación Municipal que o goberno municipal emprenda as accións oportunas para que o Concello de Ribeira teña solucións habitacionais propias para emerxencia social temporal.

Do mesmo xeito o BNG pide que se elabore un censo actualizado das vivendas baleiras que son propiedade das entidades financeiras e que o Concello de Ribeira se adhira ao convenio de colaboración asinado pola FEGAM e o IGVS para promover e facilitar alugueiro de vivendas así como favorecer a rehabilitación de inmobles.

Exemplos de vivendas baleiras en Ribeira:
O BNG defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia social. Casas baleiras en Aguiño

O BNG defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia social. Casas baleiras en CastiñeirasO BNG defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia social. Casas baleiras en Palmeira
O BNG defende que Ribeira teña vivendas para atender casos de emerxencia social. Casas baleiras en Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *