O BNG propón mellorar os accesos do Hospital e crear máis estacionamentos

O Hospital da Barbanza conta con cun acceso principal a través dunha rotonda desde a estrada AC-550 e outro secundario que parte da mesma estrada e vai desembocar ao lateral do Hospital preto da zona de Urxencias.

O BNG propón mellorar os accesos do Hospital da Barbanza e crear máis estacionamentosO BNG propón mellorar os accesos do Hospital da Barbanza e crear máis estacionamentos

Actualmente este acceso lateral é unha pequena corredoira estreita onde estacionan vehículos nas dúas beiras e non dispón de beirarrúa. Ademais dos problemas no firme rexístranse desbordamentos de auga provenientes dun regato que hai no lugar e que fai que o firme estea mollado en numerosas ocasións.

Desde o Bloque Nacionalista Galego entendemos que o Concello de Ribeira debe realizar unha mellora desta corredoira e ampliar o ancho da estrada para dotala de aparcamentos sinalados e cun bo firme. Habilitar zonas de aparcamento gratuítas nas proximidades do Hospital da Barbanza é moi necesario xa que a día de hoxe son escasas e esta obra permitiría crear un bo número de estacionamentos. Ademais desta obra habería que dotar dunhas cunetas a estrada para evitar que a auga pase por riba dela.

Por todo isto, o concelleiro Luís Pérez, en nome do BNG solicitará:

Que o Concello de Ribeira mellore o firme e o ancho desta corredoira habilitando zonas de estacionamento.

Habilitar unha cuneta coa que desaloxar a auga.

Fotografías da zona: Mellora nos accesos do Hospital e máis estacionamentos

2 reflexións sobre “O BNG propón mellorar os accesos do Hospital e crear máis estacionamentos

  1. Pingback: O BNG logra un concello máis transparente, nun pleno no que aproba todas as iniciativas | BNG Ribeira

  2. Pingback: Aprobadas todas as iniciativas do BNG en materia de saneamento e a creación dun aparcadoiro gratuíto | BNG Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *