Alcalde e Amas de Casa de Ribeira xustifican honores a un falanxista

O Bloque Nacionalista Galego lamenta que o alcalde lle filtrara a moción da memoria histórica á directiva da asoc. Amas de Casa antes de que os grupos políticos asinantes a fixeran pública, algo que carece de todo rigor. Tamén lamentar o papel da secretaria e da presidenta de Amas de Casa, Magdalena Bringas, que empregan os seus cargos na asociación para exercer presión e coacción sobre os grupos políticos que lexitimamente ostentan a representación popular enviando unha misiva na que defenden e xustifican ser falanxista, facendo chamadas para facer presión, etc para evitar a toda costa, dar cumprimento á lei e reparar ás vítimas da ditadura franquista.Así aprenderán a non ter ideas. Castelao

Tanto o BNG como a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza entenden que a honra de levar o nome dunha rúa correspóndelle a persoas que sexan admirábeis e salienten polo seu labor de concordia e de exemplaridade, xa que logo, non cremos correcta a existencia desta honra para un cargo da ditadura franquista, falanxista confeso e procurador en Cortes ao longo de tres lexislaturas (1949-1959) reafirmando deste xeito o seu compromiso coa ditadura.

Lamentamos tamén que estas dúas directivas da asociación afirmen sen rubor algún que “que otra cosa se podía ser en esa época que falangista?“. É indecente que tanto o alcalde como amas de casa defendan esa postura cando na ditadura se cometeron crimes contra a humanidade, imperou a represión de todas aquelas persoas que non eran proclives ao réxime ditatorial, asasináronse a milleiros persoas de maneira cruel e moitas tiveron que exiliarse para salvar a vida. Isto é inxustificábel, así si, había xente que foi outra cousa, houbo moitas persoas que loitaron pola paz, a liberdade e a democracia.

Sobre a ditadura en Galiza (cadros): Álbum Atila en Galiza de Castelao
Moción completa: Moción memoria histórica
Carta coacción das Amas de Casa
Carta aberta do alcalde de Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *