PP e IPR blindan a privatización do monitorado deportivo de Ribeira

O pleno de febreiro rematou con todas as propostas do BNG aprobadas por unanimidade.

- Consolidación da privatización do monitorado deportivo de Ribeira: A sombra da privatización do ámbito deportivo no Concello de Ribeira xa non é un rumor, o PP co apoio de IPR acaba de consolidar a privatización de todo o monitorado deportivo (persoal piscina, pádel, mansaxe, fitness, socorrismo, etc).
A proposta
aprobada por estes dous partidos é a de contratar unha empresa por 1.160.000€ por un período de 4 anos extensíbel a 6, para que xestione todas as actividades deportivas que se leven a cabo en instalacións públicas. Ademais o prego de condicións detalla que a “experiencia dilatada” pode substituír a titulación homologada que se require para o desempeño destes postos de traballo.A Fieiteira. Ribeira. Foto Cotecno

A alternativa presentada polo BNG e apoiada por PSOE e C’s tamén, era a de manter o servizo público coa maior convocatoria de emprego público feita en anos. Sería unha convocatoria dun concurso-oposición baseado na igualdade, mérito e capacidade para acceder ás prazas públicas de emprego, cun total de 13 prazas de monitorado. A privatización será 360.000€ máis cara que a prestación do servizo de maneira publica.

No BNG defendemos a nosa proposta en base ao artigo 26 da lei 7/1985 Reguladora das Bases do Réxime Local onde establece que os servizos mínimos que un concello de máis de 20.000 habitantes debe prestar, son os seguintes:

alumeado público, cemitierio, recollida de residuos, limpeza viaria, abast. de auga, depuración, pavimentación de rúas, protección civil, servizos sociais, prevención e extinción de incendios e instalacións deportivas de uso público.

PLENO_3O BNG contactou cos servizos xurídicos da Deputación da Coruña e co secretario municipal para confirmar a viabilidade da nosa proposta de facer unhas oposicións públicas para a contratación do persoal deportivo. Este asesoramento avala e confirma que é legal e posíbel realizar oposicións para crear esas 13 prazas de emprego público de persoal deportivo e ademais confirman que en base a ese artigo da lei 7/1985 esa prestación pode considerarse “un servizo público esencial”.

A proposta de privatización foi apoiada cos votos a favor de PP e IPR (11) e os votos en contra de BNG, PSOE e C’s (10) 

- Moción do BNG para instar á Xunta a que loite contra a desigualdade laboral: a edil Pilar Sampedro Laranga defendeu esta iniciativa encamiñada a que o concello, como institución máis achegada á veciñanza, se comprometa a poñer en marcha políticas que revertan a desigualdade laboral das mulleres. As políticas austericidas do PP frearon a posta en marcha de medidas de igualdade, tanto no referido á lexislación como á realización de programas concretos. Por exemplo, a paralización da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galiza.
PLENO_2Con esta inacción o goberno da Xunta incumpre o seu compromiso de integrar a dimensión de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, cumprindo co seguimento das políticas e accións sobre as que existen competencias en relación ao acceso ao emprego, desenvolvendo políticas de integración e apostando pola igualdade real no ámbito laboral
. Ante isto o BNG solicitou entre outras medidas, axudas específicas para a creación de empresas femininas de mulleres con especial atención ás mulleres mozas e ás de máis de 45 anos e a creación dunha Renda de Inserción Laboral para mulleres desempregadas de máis de 50 anos, cunha vida laboral igual ou superior a 30 anos de cotización e que tivesen esgotado as prestacións e facilitar a conciliación da vida persoal e familiar conforme a lexislación vixente.

A iniciativa foi aprobada por unanimidade

Proposta completa: Moción lei do traballo en igualdade das mulleres de Galiza

- Moción do BNG en relación ás carencias e desperfectos no porto de Corrubedo: o concelleiro Xosé Antón Parada tras escoitar as queixas da veciñanza de Corrubedo e dos mariñeiros, presentou esta iniciativa que se aprobou co voto a favor de todos os grupos da Corporación Municipal.

O edil Xosé Antón Parada e a vice-responsábel do BNG estiveron con veciños e veciñas de Corrubedo avaliando o mal estado da zona portuaria

Na mencionada zona portuaria, case a totalidade das farolas están fóra de servizo, ben por estar fundidas ou rotas as conexións eléctricas –como pode observarse no Anexo fotográfico- Máis aínda, algunhas levan moito tempo nese estado –máis dun ano-. No proprio peirao as escaleiras de acceso están ou oxidadas ou rotas e a piques de se desprenderen, co que conleva iso de perigo. As barandas de protección completamente oxidadas, o que vai supoñer a súa futura corrosión e probable desprendemento.
Verbo do feísmo, a carón mesmo do restaurante que hai no porto, atopámonos cunha edificación en construcción que leva varios anos así. Ocupa parte do dominio das beirarrúas con cascotes de pedra, unicamente protexidos por unha malla de ferro coa metade das celas rotas; o que supón un perigo engadido para crianzas e maiores. E non digamos dos socavóns e fochancas que se atopan na rúa de acceso á rampla.
Aprobada por unanimidade. Fotos: Estado do porto de Corrubedo

Proposta completa: Moción sobre carencias e desperfectos no porto de Corrubedo

- Proposta do BNG para crear un parque de barras: o concelleiro Luís Pérez Barral dixo que no noso municipio non é estraño ver como moitas persoas realizan prácticas deportivas ao aire libre e en lugares públicos, é por iso que cómpre ter unha serie de instalacións deportivas acordes á demanda existente. Ribeira carece na actualidade de parques de barras que axuden e fomenten a práctica deportiva da calistenia e que se deberían instalar, nun primeiro momento, en Artes e Coroso.
Desde o Bloque Nacionalista Galego entendemos que crear unhas instalacións precisas, non só para as persoas que realizan calistenia, senón que tamén podería ser empregada por veciños e veciñas que practican diferentes deportes e na cal poderían realizar adestramentos e estiramentos.
Aprobouse a proposta por unanimidade e realizarase un investimento de 13.000€

- Proposta de medidas de seguridade viaria e marquesiñas: a edil Pilar Sampedro e Luís Pérez Barral fixeron varias propostas para que se instalen elementos de seguridade viaria a avenida das Carolinas antes da rotonda que dá acceso á nova lonxa por mala visibilidade. O BNG fixo a proposta de instalar uns reflectores no chan ao longo do seu perímetro contribuirían a mellorar a súa visibilidade e servirían como elemento de seguridade para evitar posíbeis sinistros. Medida que podía ser extensíbel a todas as rotondas do municipio. Alén disto, tamén se elevarán os pasos de peóns e procederase a sinalar a rotonda.Luís Pérez Barral, Pilar Sampedro Laranga. Letreiro

A segunda medida do BNG aprobada foi a de solicitar o pintado dun paso de peóns na avenida de Ferrol, preto de Xarás. Desde o BNG cremos que é necesario dotar a zona dun paso de peóns, que dea servizo ás vivendas que hai na marxe esquerda da estrada (se baixamos desde Xarás cara Ribeira). Actualmente esta banda da estrada carece de beirarrúas e non existe paso habilitado para acceder aos establecementos comerciais que hai na outra beirarrúa ou para ir ao supermercado. Entendemos que este paso axudaría a mellorar a seguridade viaria para a veciñanza que reside na zona, evitando que se xoguen a vida cada vez que teñen que ir ao supermercado cruzando o acceso á autovía ou queren atravesar os carrís da avenida de Ferrol.
A terceira medida do BNG aprobada foi a de dotar a Palmeira dunha nova marquesiña de bus na parada que hai preto do cemiterio. Solicitudes completas

- Proposta do BNG para crear unha área de aparcamento no colexio de Carreira: na contorna do colexio Pé do Corniño de Carreira xéranse retencións e situacións de perigo nas horas de entrada e saída das crianzas, sobre todo se as condicións meteorólóxicas son malas. Por iso propoñemos habilitar unha área de estacionamento.
Aprobado por unanimidade. Solicitude completa

- Devolución da garantía presentada por “Obras e Servizos Lixó”: esta empresa gañou nun primeiro momento o contrato de alumeado público de Ribeira, mais non presentou a documentación polo que acabou levando este servizo a empresa Ferrovial. O prego de condicións ditamina que o Concello de Ribeira debe requisarlle a garantía depositada de 169.000€ para concursar a aquelas empresas que gañaran e non presentaran a documentación esixida. Malia este requisito, o goberno de Ribeira e a empresa defenden a súa devolución en base a un informe no que a empresa declara que non é a culpábel de non presentar a documentación, senón que é debido a erros e motivos alleos á propia empresa. Este tema está en mans da xustiza. O BNG propuxo deixalo sobre a mesa até que haxa unha sentenza firme e obrar en base ao que diga o ditame da xustiza. Proposta aprobada por PP e IPR (11) cos votos en contra do BNG, PSOE e C’s (10)

- Outros asuntos:

- Plan de Aforro e Investimento da Deputación da Coruña foia probado por unanimidade e contempla as seguintes actuacións:
A) Remodelación do campo de fútbol de Carreira (263.973€) B) Redución da débeda (162.256€) C) Reforzo saneamento rúa Bos Aires de Corrubedo (57.781€) 

- Aprobación definitiva do Regulamento de Participación Veciñal. Aprobado por unanimidade
- Melloras en parques infantís. Aprobado por unanimidade
- Cesión de terreos para comisaría de policía. Aprobado por unanimidade
- Recuperación duns terreos en Corrubedo e Aguiño dos que consta que son de titularidade municipal e sobre os que hai unha reclamación. – Pregunta do BNG sobre o funcionamento do saneamento e o bombeo de Teira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *