A veciñanza de Corrubedo e o BNG denuncian o mal estado da zona portuaria

O edil Xosé Antón Parada e a vice-responsábel do BNG Elvira Blanco, estiveron con veciños e veciñas de Corrubedo avaliando o mal estado da zonaO edil Xosé Antón Parada e a vice-responsábel do BNG estiveron con veciños e veciñas de Corrubedo avaliando o mal estado da zona portuaria.

Todo o mundo sabe o que custa o acondicionamento e as obras que se fan por parte das administracións tanto local, galega e estatal. Pois ben, tan importante é o feito de facer, promover e levar a cabo estas obras como o seu mantemento futuro, porque, as actuacións non só hai que facelas, senón tamén mantelas en bo estado para que cumpran a función para a que foran creadas.

No BNG recibimos a queixa, da que puidemos comprobar “in situ”, de que na zona portuaria de Corrubedo hai unha serie de carencias, desperfectos e situacións de feísmo que nuns casos impiden e noutros fan difícil o labor dos usuarios de dita zona, por non dicir que tamén abochornan ou deixan en mal lugar aos residentes, diante dos visitantes –moitos- que acoden á parroquia–visita obrigada por mor da paraxe natural das Dunas e o Faro de Corrubedo-.

Case a totalidade das farolas están fóra de servizo, ben por estar fundidas ou rotas as conexións eléctricas –como pode observarse no Anexo fotográfico- Máis aínda, algunhas levan moito tempo nese estado –máis dun ano-. No proprio peirao as escaleiras de acceso están ou oxidadas ou rotas e a piques de se desprenderen, co que conleva iso de perigo. As barandas de protección completamente oxidadas, o que vai supoñer a súa futura corrosión e probable desprendemento.

Verbo do feísmo, a carón mesmo do restaurante que hai no porto, atopámonos cunha edificación en construcción que leva varios anos así. Ocupa parte do dominio das beirarrúas con cascotes de pedra, unicamente protexidos por unha malla de ferro coa metade das celas rotas; o que supón un perigo engadido para crianzas e maiores. E non digamos dos socavóns e fochancas que se atopan na rúa de acceso á rampla.

É por todo isto que o grupo Municipal do BNG, solicita do pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte acordo:

1. Que o Goberno Municipal realice as oportunas xestións, diante de Portos de Galiza, para que nas cuestións que sexan da súa competencia, se solucionen canto antes. E no caso da competencias do Concello se poñan mans á obra para solventalas de contado.

2. Que se investigue a situación de legalidade ou ilegalidade da edificación sinalada, e se tomen as medidas oportunas a tal respecto.

3. Que se tome conciencia por parte do Goberno Municipal de que é moi necesario prestar moita atención ao mantenemento das obras que fan, e non agardar a que estean totalmente deterioradas.

Fotografías de como se atopa o porto de Corrubedo: Álbum peirao Corrubedo

Unha reflexión sobre “A veciñanza de Corrubedo e o BNG denuncian o mal estado da zona portuaria

  1. Pingback: O BNG levará as demandas dos mariñeiros de Corrubedo ao Parlamento Galego | BNG Ribeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *