O acto informativo sobre a lei de acuicultura destapou algunhas mentiras da Xunta

O acto informativo sobre o anteproxecto de lei de acuicultura organizado polas confrarías de pescadores/as de Ribeira, Palmeira e Aguiño e que tamén contou coa colaboración da mariscadora e concelleira nacionalista Pilar Sampedro, desenvolveu unha xornada moi interesante. Os expertos destaparon as mentiras que o PP pretende facernos crer.Acto informativo acuicultura no auditorio de Ribeira

O ANTEPROXECTO DE LEI NON SE PARALIZOU tal e como informou o avogado Alberto Muñoz, xa que non hai ningunha resolución da Xunta que a paralice o trámite. A conselleira do Mar, Rosa Quintana mentiu descaradamente.

O 70% das bateas que existen en Galiza están na situadas ría de Arousa.
O 45% das mariscadoras a pé de Galiza desenvolven a súa actividade na ría de Arousa.
O 95% da acuicultura de Galiza é mexillón, e o PP pretende aprobar unha lei sen contar con ningún sector do mar. No país traballan 6.400 persoas na acuicultura (vinculado ao mexillón) e de maneira conxunta, no sector do mar son 33.000 postos de traballo directos.
Noruega é unha potencia mundial en acuicultura, canto máis aumentou o peso do seu sector acuícola, máis se reduciron os postos de traballo vinculados ao sector do mar. De 24.000 persoas empregadas en 1995 pasou a 12.000 no ano 2015, polo tanto houbo unha perda de emprego ligada ao mar considerábel.

A instalación da acuicultura en Galiza crearía demasiada concentración de parasitos que poden ser un risco real para outras especies. Os peixes das gaiolas provocan tal cantidade de residuos fecais que contamina a auga, xera sedimentos e provoca a morte doutras especies autóctonas. Así pois, a Xunta de Galiza pretende promover a acuicultura multitrófica integrada (gaiolas rodeadas de mexillóns para que coma o alimento sobrante que lle dean aos peixes das gaiolas, facendo que o mexillón sexa de menor calidade por alimentarse de restos.

Sobre terra, as parcelas nas que se instalen piscifactorías terán incidencia supramunicipal e a Xunta de Galiza poderá expropiar terreos se as persoas propietarias se negan a vender. Mesmo se poderá instalar en espazos naturais protexidos. Calquera zona vai poder ser considerada “preferente” para a instalación de zonas acuícolas con só unha resolución do Consello da Xunta que excluíndo a calquera sector e reservando a zona para uso “exclusivo” de acuicultura.

O destino da produción acuícola poderá ser destinado para pensos ou para consumo humano.

Finalmente animouse a participar da manifestación nacional que haberá o día 27 de febreiro ás 11:30h na praza do Obradoiro.

No acto interviron: Xocas Rubido (presidente da plataforma en defensa da ría da Arousa e biólogo), Alfredo Otero (bateeiro do Consello de Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galiza), Alberto Muñoz (avogado), Francisco Iglesias (Presidente da Asoc. Profesional de autónomos do mar)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *