O BNG traballa para aumentar o orzamento de Servizos Sociais

Na mañá de hoxe os concelleiros do grupo municipal do BNG; Xosé Vázquez Cobas, Luís Pérez Barral e Pilar Sampedro Laranga, así como a responsable local de Acción Social da organización nacionalista, Cruz Rivadulla, mantiveron unha xuntanza coa responsable de Servizos Sociais do Concello de Ribeira.Xuntanza do BNG co departamento de Servizos Sociais de Ribeira.

Esta reunión de traballo serviu para que os representantes do BNG obtivesen información de primeira man, a través do gran equipo de profesionais municipais que traballan neste departamento, datos como a execución orzamentaria que se está facendo nas diferentes áreas nas que son responsables, a cantidade de prestacións que se fornecen, etc. Incidiuse e tratouse de xeito máis detallado a partida orzamentaria destinada a emerxencia social, así como os casos que se atendían grazas a ela, así como tamén a partida destinada ao Servizo de Axuda no Fogar, co seu número de usuarios/as.

Esta xuntanza serviu para achegar tamén as propostas do BNG en materia de acción social, expresando o seu firme compromiso e traballo para conseguir unha maior dotación orzamentaria para o departamento de Servizos Sociais cos que facer fronte á aplicación da nova ordenanza de inclusión social.

Xuntanza do BNG co departamento de Servizos Sociais de Ribeira.En palabras do voceiro nacionalista “o investimento máis importante para o BNG é o que se fai nas persoas, non queremos que ningunha necesidade social quede sen cubrir”.

Os representantes públicos do BNG quedaron á disposición do equipo de profesionais do departamento para que, cando se comece a aplicar a nova ordenanza de inclusión social se observan que é preciso facer algunha mudanza para mellorar a súa aplicación, conten coa súa boa vontade e axuda no que lle sexa necesario.

O BNG dálle os parabéns a todos e todas as profesionais conforman un magnífico equipo técnico, moi cualificado e fan un gran traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *